Os nenos de 5º de primaria seguen a cumplir o seu papel de animadores da biblioteca. Desta volta tocoulle a Marcos e Noel que leron Soy el mejor. de Lucy Cousin
Uns días despois foi Ezequiel quen contou o conto de Enfadados de Roberto Aliaga
Os nenos de 5º de primaria seguen a cumplir o seu papel de animadores da biblioteca. Desta volta tocoulle a Marcos e Noel que leron Soy el mejor. de Lucy Cousin
Uns días despois foi Ezequiel quen contou o conto de Enfadados de Roberto Aliaga
As bonequiñas viaxeiras de Rosalía chegaron xa a moitas casas transportando o poema Miña casiña meu lar que é o centro do traballo rosaliano neste curso, vencellado ó traballo do noso PDI. Podedes ver as fotos que xa temos nestas entradas do noso blog fonte dos frades. Son moitos máis os cursos que fixeron a a súa Rosalía, pero esqueceron facer fotos. Non pasa nada; xa sabemos que o importante é participar!
Julia de 2º de primaria abriu camiño adicando esta fantástica dramatización da receita do caldo á Rosalía de Castro. Agardamos que moitas e moitos máis se animen.
Podedes velo no blog de Fonte dos Frades. AQUÍ
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, aniversario do seu nacemento. Neste curso, mergullados no noso PDI arredor da alimentación sana e sostible, acáenos moi ben traballar co seu poema Miña casiña, meu lar onde fala do caldiño de gloria e doutra elaboración tradicional, o bolo do pote. Nós imos traballar todas estas cousiñas nas aulas no que queda de trimestre e no vindeiro. Invitámosvos a participar desta receita connosco:
Elaborade un caldiño de gloria ou o caldo galego que acostumades a facer e amosádenolo nunha foto ou vídeo. Ao mesmo tempo escollede uns versos do poema e escribídeos ou recitádeos.
Podedes se queredes pescudar tamén na elaboración do bolo de pote e cociñalo ou pasarnos a receita. Aquí tedes o anuncio da invitación que vos facemos. Non hai límite de tempo. Podedes participar no momento do curso que queirades.
Tedes aquí as fotos dos mandados. E coma sempre dicimos non están todos os que son, pero xa estarán Parabéns a tódolos participantes!!
Tiñamos gañas de vivir a tope esta data festeira no calendario do noso cole. Este curso por fin puidemos retomar a tradición que tiñamos dende tantos e tantos anos. Estas semanas atrás foron unha fervedoira de preparativos e traballos nas aulas dando forma os disfraces que cada grupo deseñou. Preparativos, feitura de disfraces, mandados trouleiros de Leonardo, feitura de coplas e testamento, carautas, antifaces e ensaios do baile quedaron xa atrás. Agora só queda amosarvos como trancorreu o día grande a tódolos que non puidestes acompañarmos.
Para todos grazas polo voso apoio e axuda. Gozade do vídeo e do entroido que enche estes días as rúas.
A piques de comezar a semana da troula e festexar o entroido, coas nosas aulas a rebentar de preparativos e traballos, dámosvos a coñecer ó noso Meco Leonardo Comellón e ós seus mandados. Cumpride estes días todo o que nos diga; non sexa que nos encha co seu lixo e teñamos problemas. Xa veremos se somos quen de lle gañar a batalla e somos nós os "comedores" cos mellores hábitos do mundo!!
Moita atención, meus!