xoves, 25 de febreiro de 2021

A SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Comezamos hoxe tamén a publicar os traballiños que sobre a autora están facendo nas aulas. Comezamos con 5 anos, 1º e 4º de Primaria, 4 anos e 3ºprimaria. Tedes a montaxe no blog fonte dos frades. Pasade por alí a ver os poemas traballados.

venres, 19 de febreiro de 2021

mércores, 17 de febreiro de 2021

A NOSA CELEBRACIÓN DA PAZ

 CANCIÓN "ISO QUE TI ME DAS" DE JARABE DE PALO

Pau Donés cantoulle este ano á amizade e ó importante que é sempre te-los amigos aí a carón nosa. Nós este curso estamos un pouco lonxe dos amigos das outras clase, pero no Día da Paz pareceunos importante facer algo todos xuntos. Durante toda a semana escoitamos unha e outra vez como ensaiaban tódalas aulas e despois de varios días  aprendendo a letra en galego desta canción de Jarabe de palo fomos quen de cantármola todos xuntos á misma vez.  Todos puxémoslle moita gana e este é o resultado no que fixemos unha mestura cun cachiño de cada clase.


QUE É A PAZ?  3º DE PRIMARIA




FOTOS DE BICOS, CORAZÓNS, ARCOS DA VELLA...
3 ANOS




4 ANOS






5 ANOS





1º PRIMARIA




2ºPRIMARIA






















luns, 15 de febreiro de 2021

sábado, 13 de febreiro de 2021

MÁIS BICOS COMPARTIDOS

 Desta volta é a familia de Iago (3 anos) e Adriana (6º de primaria)  quen nos comparte un precioso vídeo da  súa vida con restriccións. Coma eles, dicimos que ogallá este lío de non poder estar coa familia e amigos e facer cousas xuntos pronto sexa "historia". Ánimos!



MÁIS COUSIÑAS PARA O ÁLBUM DA PANDEMIA

 Alba de 4º de primaria, Andrés de 4 anos e a súa familia envíannos unhas cousiñas moi especiais... o arco da vella da súa xanela no confinamento, o vídeo do primeiro día que sairon aplaudir ós sanitarios e un acubillo moi especial para eles naqueles días pechados na casa, a cabaña que lle fixo o seu pai na que lían contos  e xogaban xuntos. Que experiencias tan boas para un tempo no que todos sufrimos moito!







VEDE O VÍDEO DO  SEU PRIMEIRO APLAUSO neste enlace

mércores, 10 de febreiro de 2021

ESTREÁMONOS COAS RECEITAS

Abrimos xa a información sobre receitas de entroido. Estas vacacións, nas que imos vivir un entroido diferente, xa podemos meternos na cociña e probar as receitas que nos traen Xulia e Mario e tamén Ada e as súas axudantes. Parabéns a todas estas estupendas cociñeiras. Os peques tamén prometen!

Imos velas e tomade nota de tódolos ingredientes e pasos a seguir!

                                               GALLETAS DE ENTROIDO





FLORES DE ENTROIDO

Ada e Noa decidiron explicarnos todo cun vídeo.




domingo, 7 de febreiro de 2021

COMEZAMOS A RECIBIR COUSIÑAS DAS CASAS: LEMBRANZAS E BICOS

 Julia de 5 anos envíanos o seu arco da vella da corentena. Un bo xeito de comezar a compoñer o ALBUM DA PANDEMIA. Veña animádevos a enviarnos esas cousiñas que nos axudaron a pasar esta experiencia.!


Tamén dentro do outro proxecto que vos propoñiamos Mencía e Lucas de 3 e 4 anos envían un forte bico a súa familia da aldea



xoves, 4 de febreiro de 2021

CHEGA O ENTROIDO

Velaí ven o Entroido e con el chega o noso meco Viruxiño, o anticorpo venteiro que está disposto a varrer todo canto virus se poña no seu camiño. 
E para axudarmos a este heroe da pandemia imos cumprir os seus mandados nesta semana da troula que empeza. Tomade nota e non esquezades nadiña!
Imos compor un disfrace-kit de supervivencia para pandemias. 

Agardamos que sexades moi obedientes!