Como remate do noso traballo literario arredor da luz chegaron ata nós dous contos ben distintos que nos fixeron abanearnos entre as cores e as sombras.
O conto "Griselda" foi adaptado polos alumnos de 4º de Primaria e a profe de música para presentárnolo coa técnica de sombras de cores. As fotos non lle fan xusticia o bó traballo dos nenos e nenas que elaboraron as figuras, aprenderon o texto e foron organízandose para chegar a tempo e compoñe-las esceas segundo as compañeiras ían narrando o texto. Griselda convertiuse en Branquiña pero non perdeu nada da súa esencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario