mércores, 25 de marzo de 2015

OS POEMAS E VERSOS DE LUZ PARA COLORÍN NO DÍA DA POESÍA E MAIS DA ÁRBORE EN 1ºA

Os nenos e nenas de primeiro disfrutamos moito facéndolle os poemas ao noso mouchiño Colorín para celebrar o día da poesía e da árbore. Como a temática deste curso era a luz os nosos poemas estiveron ben cargadiños de luces, sombras, reflexos e moita cor nos seus versos. Velaí tendes as fotos que fixemos!

A PRIMAVERA E OS POEMAS CON LUZ XA ESTÁN AQUÍ

Hoxe mesmo, cuns días de retraso sobre o Día "oficial" da Poesía, puidemos sair ao patio a pendurar as rimas que lle fixemos a Colorin. A pesar do vento -que xa estragou alguns deles-  e da ameaza de chuvia para os días vindeiros, deixamos o noso patio sementado de poemiñas por aquí e por acolá. 
Tantos eran que algúns nenos ademais de lelos fixeron matemáticas e adicáronse a contar cantos poemas había no patio. Poida que nas fotos non estean todos e mesmo algún seica está repetido; porque un non se cansaba de ler tanta rima tan ben feita. Algúns copiámolos de poetas expertos e ilustrámolos con moitas gañas. Colorín deixara un recunchiño de poesía na biblio para axudarnos, pero fomos moitos os que botamos a voar a imaxinación e fixemos rimas aqueladas e nalgún caso moi libres. Nas fotos vemos a maioría dos poemas  que sairon á luz, algúns dos recunchos do patio onde os penduramos e aos nenos de 4 anos no intre de ir colocar os seus. Pouquiño a pouco iremos recollendo as fotos dos outros cursos nesta actividade.


CONTACONTOS DA EDITORIAL ANAYA

A editorial Anaya ven de publicar o conto "Augusta e os seus medos" e o xoves 12 de marzo invitou aos nenos de Infantil e Primeiro de Primaria a unha sesión de contacontos para presentárnolo. Iago foi o encargado de animar este conto de Sabela Fernández Trelles.
Con esta historia tan ben contada, descubrimos que Augusta é unha nena chea de soños, pero por ser tan medrosa non consegue que se cumpran.....ata que pedindo axuda, aprende a superalos enfrentándose a eles. Aqui tendes unha mostra en fotos para que miredes o ben que o pasamos. Despois os nenos de primeiro fixeron un debuxo do que mais lles gustou do conto.

domingo, 22 de marzo de 2015

NOVO XOVES NOVO CONTO

O conto "Todos sois mis favoritos" lido o xoves 12 de Marzo inicia unha pequena serie de lecturas arredor da familia e os seus compoñentes. Nesta ocasión Irea e Ainhoa de 4º de Primaria leron este conto para os  compañeiros que acudiron á biblioteca.













COLORIN REINA NO MES DE MARZO

Comezou Marzo e daquela Colorin -o mouchiño marzaleiro- entrou na súa casiña da árbore arroiando e ainda que naquel día de primeiros de mes chovía case a cachón el non quixo deixar de enviar ás clases  ó seu mandado. Dito e feito na hora de ler  ós seus axudantes foron dar conta da súa lumiidea do mes.
Como xa pasou bastante tempo dende o seu anuncio e está aí loguiño o 24 de Marzo ollade ben esta semana cando pasedes polo patio que en calquera recunchiño  moita poesía podedes atopar.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ainda que nos demos conta delo no seu momento, o certo é que o Mouchiño do mes de febreiro -Jonhbook - enseguidiña conseguiu o seu obxectivo de que os nenos e nenas lle recomendaran libros e comezou a lelos coma un tolo. Velaiquí  coma os cativos de 2º  e de 3º de Primaria  puxeron tódalas gañas nesta tarefa. 






martes, 10 de marzo de 2015

XOVES ADICADO A MULLER TRABALLADORA

O Xoves 5 de marzo, dende a biblioteca, quixemos achegarnos ata a historia dunha de tantas nenas fartas xa de estereotipos e que "reinvindica", coa sinxela frase que serve de título ó conto, o desexo de moitas de ir mais alá do "feminino".,
 "Vanesa non quere ser princesa" é o conto que nos leron Noelia e mais Merchi de 4º de Primaria, unha lectura que viña moi "ó conto" coa data que estaba a piques de se celebrar.










luns, 9 de marzo de 2015

OUTRA MANEIRA DE CONTAR

O cine coma linguaxe a aprender é outro dos obxectivos que nos marcamos no Plambe. Ademais das proxeccións nas aulas vencelladas ao proxecto documental e as propostas dos lumimouchos, un ano máis participamos no Programa de educación en Valores "Cinensino", dirixido aos nenos de 4º, 5º e 6º de primaria con dous proxeccións o 23 de marzo e o 7 de maio, no cine Salesianos de Vigo. As películas foron "El verano de sus vidas" para traballar a imaxinación e a creatividade, e "Los cinco y el misterio de la joya escondida" para traballar cunha unidade didáctica a importancia do grupo ante as adversidades.


domingo, 8 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA CON LUZ

Xa está todo preparado para que durante esta semana traballemos cos xornais e arredor da luz. Entre os días 9 e 13 de marzo celébrase en tódalas escolas a Semana da Prensa, durante a que se nos invita a deixar un pouquiño de lado o libro de texto e achegarnos á realidade a traves das crónicas dos xornais, tanto en papel como dixitais. É o momento de botar unha ollada as novas que saen nos xornais, ao xeito no que  a mesma  nova é tratada dende distintos xornais e as caracteristicas da súa linguaxe. 
Dende a biblioteca quixemos invitar a desenvolver este traballo  pondo a nosa ollada na "Luz" e xa temos un feixe de novas moi diferentes recollidas no recunchiño "A Luz na prensa" agardando polos ávidos lectores das nosas aulas. 




















8 DE MARZO. DIA DA MULLER TRABALLADORA

Durante esta semana que ven de rematar os maiores de primaria veñen de traballar nun mural no que quixeron destacar o traballo de 12 mulleres diferentes e de diferentes épocas; todas elas galegas e todas elas, como tantas outras anónimas, rompendo moldes e abrindo un camiño no que ainda nos queda moito por percorrer. Facelas visibles e invitar aos nenos e nenas que agora estamos educando a pensar no que cada unha delas ten achegado, axudaranos  a continuar o seu "traballo".