xoves, 12 de decembro de 2013

NADAL DE CONTO NA CIDADE



Estade atentos papis e mamis á estupenda iniciativa do concello de Vigo. Este nadal podemos facer un percorrido de conto polas distintas rúas da cidade acudindo aos diferentes contacontos programados para os días de vacacións infantís.
Déixovos aquí a programación

AQUI





luns, 9 de decembro de 2013

RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS NOSAS AULAS

Un ano mais a coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística déixanos unha escolma de recursos diferentes para traballar o nadal en galego.
Védelos aqui

Tamén recollemos as suxerencias dos nosos compañeiros do Ceip Mestres Goldar. Unha vez mais grazas polos vosos esforzos.

https://sites.google.com/site/nadalrecursos/

domingo, 1 de decembro de 2013

NOVO XOVES DE OUTONO...E XA VAN SEIS

A sexta xornada dos xoves de outono tivo lugar este pasado xoves na biblioteca. Alba e Laura de 5º de Primaria  leron "Pequeño Malayali. Aqui vos deixamos as fotos.








O MOUCHO DE NOVEMBRO REMATA O SEU REINADO

Cando está a piques de rematar o reinado do Moucho do mes de Novembro non queremos que acabe o mesmo sen vos ensinar o proceso de elaboración que tivo lugar nas aulas de Primeiro. Con moito entusiasmo nenos e nenas compartiron tarefas para disfrazar a Don Moucho cun  fermoso e axeitado traxe de outono. Ademais decidiron que se chamara "Reilibro" unha boísima aportación para á nosa biblioteca na que por suposto o libro e a lectura son os reis.
Asi que xa podedes ir pensando que nome vos vai gustando mais "Reilibro" ou o "Moucho lector"...Non! agardade! que aínda nos queda por ver o que argallan as outras 8 aulas.! 


PASIÑO A PASIÑO

Ainda que moi paseniñamente a nosa biblio vai mudando o seu aspecto interior. 
A actividade segue bulindo coma sempre; día tras día sucédense como dende anos atrás os préstamos, os contacontos, as diferentes actividades arredor da busca de información, a formación de usuarios... e mentres, case sen decatarnos, a faciana da biblio vai mudando.O noso moucho vaise disfrazandose mes a mes, o estante das novidades empézase a encher, o expositor temático amósanos libros interesantes para o seu préstamo, os xogos de formación usuario están listos para ser xogados. Xa temos ordenadores na biblio para a busca documental individúal,...
 Estade atentos porque estes pequenos cambios non van ser os únicos!





.

domingo, 24 de novembro de 2013

NOVO XOVES DE OUTONO NA BIBLIO

Antía e Alex de 5º de Primaria foron os encargados de ler Pequeño Maorí nunha nova sesión de lectura na hora do recreo. Coma ven sucedendo dende o seu comezo a lectura estivo moi animada de público. Aqui vos deixamos algunhas das fotos.








25 DE NOVEMBRO. DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

OQO  recoméndanos como lecturas para este día os seguintes álbums:

Colección O (de 3 a 7 anos)
Tres han de ser
A voda dos ratos
A voda do Galo Pinto

Colección Q (de 8 a 12 anos)
Ovos duros

Zalgum

Tamén vos deixo este enlace da paxina da steg onde nos recomendan algúns recursos para a reflexión.

venres, 22 de novembro de 2013

SEGUEN OS CONTOS NOS XOVES DE OUTONO

Cun pouquiño de retraso dámosvos conta das lecturas que tiveron lugar na biblioteca os pasados xoves 7 e 14 de novembro. Na primeira ocasión foron Lena e Ana  de 6º de Primaria as encargadas de ler "Pequeña Nenet" dentro da serie contos do Mundo
O xoves 17 foron Jessica e Sara Méndez de 5º de Primaria as que leron "Pequeña Romani".
Aquí tedes as fotos











domingo, 27 de outubro de 2013

RECURSOS SAMAÍN,OUTONO E MAGOSTO

Como estamos de cheo traballando no Samaín, no Outono e no Magosto lémbrovos que na pestaña de RECURSOS PARA CELEBRACIÓNS hai unha pequena listaxe de recursos.
Hainos para tódolos gustos e necesidades.
Graciñas coma sempre a tódalas compañeiras e compañeiros de outros coles que se esforzan en facer estas compilacións.

RECURSOS PARA CELEBRACIÓNS

xoves, 24 de outubro de 2013

RECURSOS PARA DESENVOLVER A EXPRESION ORAL EN GALEGO

Enlazamos este interesante recurso para traballar o vocabulario básico en infantil en galego
APRENDENDO GALEGO DENDE BEBES

DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA

Vimos de engadir un novo recurso interesante na banda da esquerda para as nosas clases "de" e "en" galego. Trátase do Dicionario de pronuncia da lingua galega nunha nova versión  ampliada e mellorada que ofrece en liña o léxico galego contido no dicionario da RAG achegando as transcricións fonéticas e locucións correspondentes a unhas 68000 formas gravadas. Amais de incorporar as voces máis recentes do dicionario da RAG, o “Dicionario de pronuncia da lingua galega” recolle xa os 1000 nomes propios de persoa máis frecuentes, 1500 apelidos galegos e os nomes de todas as comarcas, concellos e parroquias de Galicia, así como varios centos de nomes de ríos, montes e accidentes costeiros. A aplicación informática  permite realizar as buscas por formas fonéticas ou por cadeas de sons.

http://ilg.usc.es/pronuncia.

luns, 14 de outubro de 2013

PRIMEIRAS NOVAS SOBRE A NOSA MASCOTA

Vimos de colocar no corredor o mural da nosa mascota da biblioteca  e xa temos as primeiras novas sobre ela. Os nenos e nenas de 5 anos B remataron xa o seu labor e o seu mouchiño está listo para inaugurar as súas estadías na biblio. Ollade o ben que o fixeron...













sábado, 12 de outubro de 2013

OCTUBRE DE CONTO

Chegou o mes de outubro e comezaron os contacontos na hora do recreo.


 Este mes e o de novembro están adicados a contos do mundo. A primeira sesión foi todo un éxito co conto Pequeño Sioux. Enseguidiña poñeremos as fotos para que o vexades.







APRENDEMOS A BUSCAR NA REDE

Dende a biblioteca do Ceip Milladoiro de Malpica e o IES Sanchez Cantón de Pontevedra as dúas profes responsables das mesmas achégannos este documento que nos vai vir moi ben agora que estamos comenzando o noso primeiro Proxecto Documental Integrado "oficial", xa que algúns pasiños xa tiñamos dado neste camiño en anos anteriores.
Este curso imos pescudar sobre os cultivos tradicionais de Galicia para facer a nosa propia achega á celebración durante o vindeiro ano 2014 do ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR.
Aquí volo deixo...

  APRENDENDO A BUSCAR NA REDE

E xa que estamos con estes temas das procuras na rede non esquezamos todos algúns consellos de seguridade

NAVEGA CON RUMBO

NAVEGANDO

Navegando navegando na procura de cousiñas interesantes para o noso traballo diario atopamos un novo portal de léxico en galego O PORTAL DAS PALABRAS que vimos de engadir na banda esquerda nos "recursos interesantes".
É unha iniciativa da Rag e da fundación Barrié que quere achegarnos un pouco mais á nosa lingua. Disfrutádeo.

PORTAL DAS PALABRAS

E para ir facendo boca co Samaín que se nos bota enriba imos ir consultando recursos para estas datas, algúns xa clásicos. Grazas unha vez mais a tódolos compañeiros e compañeiras que fan estas escolmas tan útis.

RECURSOS PARA SAMAÍN

xoves, 10 de outubro de 2013

ESTAMOS DE VOLTA

Aínda que vós non o notastes xa estamos de volta!. Xa vai para un mes, pero...,  que mes!, que de traballo en tódalas aulas!. Agora que semella que xa estamos no bó camiño, imos deixarnos ver un pouco mais aquí e nos corredores do cole.
 Inauguramos curso e PLAMBE Plan de Mellora da Biblioteca. A nosa biblioteca xa está en marcha e estamos "cociñando" á nosa mascota. Nos vindeiros días iredes vendo que boa pinta  ten. Que digo unha? Non serán varias? Deixarei que o descubrades...Namentras, déixovos este decálogo que atopei pola rede en "LIBROS UNICOS". Fala do que debe ser un libro infantil.
Boas lecturas!



domingo, 21 de abril de 2013

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Agora que se achega a celebración do Dia do libro traemos aquí o marcalibros que a escritora Paula Carballeira ten confeccionado para tal ocasión.

MARCAPAXIINAS 2013

Ademáis tedes un enlace con recursos procurados dende o Ceip Mestres Goldar
RECURSOS DÍA DO LIBRO

e  para animar musicalmente as nosas aventuras  literarias aqui tedes dúas ligazóns:
unha fermosa  canción de Mamá Cabra montada no Ceip Isaac Peral
e un video subido por Belen Junquera.

CEIP ISAAC PERAL

BELEN JUNQUERA


BOOKCROSSING NA XUNTA

 O vindeiro 23 de abril catro museos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -as bibliotecas do Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense) e o Museo de Belas Artes da Coruña- celebrarán o Día Internacional do Libro a través dunha experiencia bookcrossing de liberación de libros promovida por quinto ano consecutivo polo centro museo ARTIUM de Vitoria-Gasteiz.

Deste xeito,  un total de 56 museos e centros de arte de toda España compartirán a experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, coa pretensión de inundar as cidades con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas. Entre todos os participantes poñerán en circulación máis de 3.000 libros coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. Todos os libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes etiquetas, que instrúen a persoa que recolle o libro sobre o obxecto da liberación de libros e sobre a conveniencia de participar nesta experiencia internacional.
Os libros conterán as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar onde liberarán cada exemplar, o cal permite coñecer onde estivo a publicación e quen a leu, así como incorporar o novo lector ao seu diario de viaxe
O día 23 de abril calquera persoa poderá seguir estes pasos con algún dos máis de 3.000 libros que se van liberar en distintos puntos de cada unha das localidades participantes.







OUTROS ROBERTOS. UNHA ACHEGA DIFERENTE AO NOSO ROBERTO.

 Xa casi co mes das Letras Galegas enriba imos achegarnos como se dun xogo se tratase a outros Robertos literarios e lectores igual ca o noso Roberto Vidal Bolaño
Animar á lectura e  abrir unha porta ós escritores e ás historias é o que move a tódalas celebracións que artellamos ao redor do mundo dos libros-

ROBERTO Y LA LECTURA

xoves, 4 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Vén de se celebrar o pasado día 2 de Abril o Día Internacional 

do libro infantil e xuvenil, neste mes carregado de significado literario.

Deixovos a fermosa mensaxe e o cartel que este ano se escolleu para conmemorar esta data.

cartel e mensaxe

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Lembramosvos a existencia deste material editado pola concellería de igualdadesl interesante para desenvolver  contidos de tipo transversal e de educación emocional.

DATOS E DATAS

martes, 5 de febreiro de 2013

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Por se nos queda un chisco de tempo entre feitura e feitura dos nosos disfraces do entroido deixo unhas direccións para traballarmos eses contidos.
Coma sempre o noso agradeemento os compañeiros que fan estas interesantes escolmas

https://sites.google.com/site/bibliocole/entroido-recursoseducativos 

venres, 25 de xaneiro de 2013