Deste xeito, un total de 56 museos e centros de arte de toda España compartirán a experiencia de bookcrossing ou
campaña de liberación de libros, coa pretensión de inundar as cidades
con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas
bibliotecas. Entre todos os participantes poñerán en circulación máis de
3.000 libros coa intención de que os que os recollan, gocen da súa
lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. Todos os
libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes
etiquetas, que instrúen a persoa que recolle o libro sobre o obxecto da
liberación de libros e sobre a conveniencia de participar nesta
experiencia internacional.
Os libros conterán as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar onde liberarán cada exemplar, o cal permite coñecer onde estivo a publicación e quen a leu, así como incorporar o novo lector ao seu diario de viaxe
O día 23 de abril calquera persoa poderá seguir estes pasos con algún dos máis de 3.000 libros que se van liberar en distintos puntos de cada unha das localidades participantes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario