Ven de pasar o día de San Martiño, día tradicional dos Magostos. Nós fomos puntuais á cita e celebrámolo no cole o venres, antes de que a chuvia nos mollara as castañas, E fixémolo disfrutando todos xuntos cunha rolda de xogos populares. Antes de que pase mais tempo invitámosvos a pescudar nos xogos populares galegos que tamén a consellería quere promocionar co seu convenio coa asociación brinquedia.
Na súa web atopamos unhas interesantes actividades para recupera-los trompos.
http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2012/10/actividades-peon-2012.pdf
Navegade no pdf ata atopar como facer trompos ou peóns sinxeliños cun lápiz e plastilina. Sería unha maneira de atrevernos cunha actividade que está vencellada coa ciencia.
No outro pdf que ven de seguido atopamos ligazons de educación documental.
http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2012/10/ligazons-de-interese.pdf
Tamén temos atopado no repositorio abalar unha interesante webquest para aprender todo arredor do SanMartiño. Animádevos.
Como non é tarde ainda para profundar na historia do magosto non deixedes de consultar os recursos que vos deixamos na páxina de educación documental
Ningún comentario:
Publicar un comentario