miércoles, 14 de febrero de 2018

TRABALLANDO E INVESTIGANDO COA PAZ

Comezando xa o relato das actividades do 2º trimestre, a nosa 1ª parada ten que ser no Día da Paz. Este ano fixemos unha proposta ás aulas na que se vencella a reflexión sobre os elementos imprescindibles para a paz coa nosa propia experiencia. O cambio climático  que revolto ao planeta con cousiñas  que todos estamos a sofrir (lumes, seca, fame, inundacións,..) foi a teima sobre a que apoiamos o noso traballo de pensamento crítico. Primeiro analizamos o tema a partir de contos e videos  e despois procuramos unha saída práctica...que podiamos facer coma cidadáns vigueses para axudar ao noso planeta e contribuir á paz?. Seguro que o Dinoseto co que vimos de traballar hai nadiña inspirou moitas das nosas respostas.
Para representar esta grande comunidade de cidadáns, xuntos, ombro con ombro, inspirámonos no mural de Nelson Villalobos sito na avenida Martínez Garrido.





 Fixémoslle a nosa particular interpretación para incidir mais na idea da colaboración e o traballo compartido cunha meta común.
Este é o mural e algunhas das nosas solucións... 









1 comentario:

  1. Reflexionar entre tod@s sempre é bo para extraer conclusións ás que non chegariamos doutro xeito. Excelente traballo!

    ResponderEliminar