luns, 3 de novembro de 2025

Novembro - Mes da ciencia en galego

Coa chegada de novembro, apareceu na biblio un novo recuncho onde facer e compartir ciencia empregando a lingua galega.


Con esta actividade mostramos que a lingua galega é tan últil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Como non podía ser de outra maneira, seguir o método científico, preparar os experimentos, compartir os resultados non é cousa doada que se faga nun día.

Aquí podedes ver a algún de nós consultando libros de experimentos, plantexando as nosas hipóteses e preparando as nosas exposicións científicas:



Axiña poderemos compartir os resultados!

Ningún comentario:

Publicar un comentario