Por fin chegou a hora de compartir "a nosa ciencia" na nosa lingua.
Despois da consulta, preparación dos materiais, elaboración das hipóteses e predicións, levamos a cabo os nosos experimentos no recuncho cientifico da biblioteca, valorando os resultados e elaborando unhas conclusións.domingo, 30 de novembro de 2025
martes, 25 de novembro de 2025
25 N - A biblio di NON á violencia contra as mulleres
Nesta data, non queriamos deixar de acompañar a labor educativa que denuncia e prevén a violencia de xénero.
Os libros fan posible coñecer e rexeitar este tipo de violencia a través de historias moi desgarradoras, pero cheas de esperanza.
Co libro El chubasquero de Aurora puidemos comprender como sufre unha nena e unha muller que viven cunha persoa-monstro.
Os nenos e nenas de 4º, despois de ler a historia, analizala e comentala plasmaron algunhas ideas no propio chubasquero de Aurora, separando o que fai que nos rompa o corazón, do que consegue a cor morada, símbolo da igualdade.
luns, 17 de novembro de 2025
Hora de ler informativa: libros de non ficción
Todos os días temos o noso tempo de lectura, 3º está moi enganchando aos libros de NON FICCIÓN e aproveita este ratiño para aprender cousas de diversos eidos.
No Párroco gozamos moito mergullándonos en historias e contos, pero tamén desfrutamos lendo para aprender.
Aquí deixamos unhas fotiños que nos sacaron cando estabamos moi concentrados!
martes, 11 de novembro de 2025
CLUB: Burbullas de calma serena
Nesta sesión, despois de descubrir como Alma atopa calma e benestar ao entrar na burbulla de calma serena, decidimos facer tamén as nosas propias burbullas de calma, igual que no libro, convertendo a actividade nun momento moi persoal.
Cada un escolleu un dos seus recordos máis felices e representouno dentro dunha burbulla, empregando debuxos, palabras e cores que nos transmitían tranquilidade e benestar.
luns, 3 de novembro de 2025
Novembro - Mes da ciencia en galego
Coa chegada de novembro, apareceu na biblio un novo recuncho onde facer e compartir ciencia empregando a lingua galega.
Con esta actividade mostramos que a lingua galega é tan últil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Como non podía ser de outra maneira, seguir o método científico, preparar os experimentos, compartir os resultados non é cousa doada que se faga nun día.
Aquí podedes ver a algún de nós consultando libros de experimentos, plantexando as nosas hipóteses e preparando as nosas exposicións científicas:
Axiña poderemos compartir os resultados!
sábado, 1 de novembro de 2025
QUE LEMOS EN NOVEMBRO?
Chegou novembro e con este mes novos libros para ler!
Un amigo como tú

Unha fermosa lectura de outono coa que comprendemos o verdadeiro sentido da amizade.
El arquitecto y el árbol

Un libro para dar a benvida ao noso PDI sobre ao arquitecto Gaudí. Con esta lectura poderemos reflexionar sobre: Que é un arquitecto? En quen debe pensar cando deseña? Que fai un bo arquitecto? etc.
As lecturas están xa na sección "LIBROS DO MES" da nosa biblio!