xoves, 24 de outubro de 2024

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas cunha BIBLIOXINCANA organizada polos mouchiños da nosa biblio.

Estes pequenos seres que habitan na nosa biblioteca escolar prepararon unha formación de usuarios a través de diferentes probas: atopar libros, devolver libros, xogo de memoria coas normas en pictogramas, uso dos marcadores, coñecer os expositores... En resumo... unhas desfiantes probas que o alumnado do Párroco foi superando con éxito grazas ao seu bo coñecemento da biblio!

Aínda que non queremos desvelar o contrasinal secreto... compartimos convosco algunhas fotos da xincana!


BIBLIOXINCANA DE INFANTIL:



BIBLIOXINCANA DE PRIMARIA:



luns, 21 de outubro de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS!

O pasado 14 de setembro celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS polo que leváronse a cabo diferentes actividades para conmemorar e reivindicar o labor e legado das escritoras.

Tanto infantil como primaria puido gozar dun contacontos (organizado por alumnas de 6º de primaria) no que relataban a historia de vida da escritora española GLORIA FUENTES.

O alumnado de infantil, aproveitando esta figura, estivo lendo cousas desta escritora e elaborou uns pósters para compartir o traballado co resto da comunidade.

Os cursos de primaria aproveitaron para compartir nos pósters lecturas das súas escritoras favoritas e para divulgar escritoras galegas contemporáneas.

Nos esquecimos detalle e fixemos un obradoiro de marcapáxinas seguindo a temática "escritoras".

No seguinte vídeo podedes ver un poquiño do proceso - resultado das 3 actividades da semana!





domingo, 13 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS! Obradoiro de marcapáxinas e contacontos nos patios!

Mañá, luns 14 de outubro, é o día no que conmemoramos ás ESCRITORAS pola súa labor e o legado que nos deixan ao longo da historia.

Ao longo da semana haberá actividades e obradoiros nos que nos acordaremos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras.

No especial de patios, teremos un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS.

Haberá un recuncho preparado para o deseño dun marcapáxinas de escritoras. Podes vir nos patios e facer o teu!

Tamén un CONTACONTOS da biografía dunha ESCRITORA. Vén e descobre de quen se trata!




martes, 1 de outubro de 2024

OBRADOIRO DE FÍOS!

Iniciamos os PATIOS CREATIVOS dende a BIBLIO coa posta en marcha do OBRADOIRO DE FÍOS!


O tempo de lecer do luns (11:45-12:15) podes adicalo a facer pulseiras dunha maneira moi orixinal!


Podedes apuntarvos ao obradoiro a través da CAIXA DE CORREO da biblio! 








INICIAMOS CLUB DE LECTURA!

Neste curso, dende a Biblioteca do CEIP Párroco Don Camilo queremos crear unha comunidade ao redor dos libros coa posta en marcha dun CLUB DE LECTURA!

Un club de lectura consiste nunha práctica de socialización e creación de comunidades ao redor dos libros. Para poder iniciar esta práctica, unha mestra guiará e mediará cada xornada do club de lectura a través da organización de debates, lecturas dramatizadas, merendas e outras actividades relacionadas coa lectura común do grupo.

Neste curso 2024-2025 queremos comezar por formar un club cos máis maiores! Os alumnos e as alumnas de 5º e 6º.

O club de lectura contará cun calendario de xuntanzas, unha sesión cada 15 días (semanas alternas), os martes pola tarde.

Apúntate!



LEMBRAMOS AS NORMAS!

 A biblioteca é un espazo no que podemos realizar múltiples actividades como: 

  • Ler ou estudar 
  • Buscar información 
  • Coller libros en préstamo 
  • Empregar os xogos dispoñibles 
  • Realizar actividades de debuxo e escritura 
  • Participar en actividades organizadas pola biblio: contacontos, obradoiros… 
  • Empregar os ordenadores para tarefas de investigación, búsqueda de información, traballos… 

O ambiente da biblioteca, como lugar de lectura, investigación ou estudo, debe ser o adecuado. O silencio, a responsabilidade e o respecto polos demais e polo espazo crean o clima necesario e imprescindible para un bo funcionamento da mesma. 

Deixamos por aquí as normas para que a nosa biblioteca funcione correctamente e sexa un espazo cómodo no que podamos gozar dos libros e da comunidade que construímos ao redor deles!




INICIAMOS CURSO 2024-2025!

Durante este primeiro mes que vai de escola, os motores da nosa biblio colleron forzas e un montón de novas propostas irán aperecendo!

Este ano o tema “Como chove miudiño! A ciencia tralos meteoros” configúrase como eixo central. A BIBLIOTECA será un espazo onde poderemos atopar información, suxestións de actividades, actividades de animación á lectura, e moito máis! 

Axiña publicaremos as novas da biblio!