sábado, 22 de xuño de 2024

#PRESUMIMOS DE TRABALLO DO PDI

No corredor da entrada estiveron dende principios de xuño expostos os traballiños finais do PDI. A maiores do xa feito ao longo do curso, tódalas aulas presentaron  o seu traballo final, recompilatorio do pescudado e elaborado utilizando recursos variados, observación, manipulación, vivenciación, experimentación científica, sementado e coidado das arboriñas, faladoiros na radio, achegamento emocional , libros, internet...

Claro que chegou o furacán de fin de curso e tódolos nenos e nenas, especialmente os pequenos quixeron levar todo para casa. É o seu traballo!

Vede agora o que ocupaba o noso corredor.



TRABALLIÑOS SOBRE OS INSECTOS DO BOSQUE

LIBROS DE SOLAPAS COAS PESCUDAS REALIZADAS 

Noutra entrada amosarémolos por dentro










MURAIS EN CARTOLINA E A3

3 anos A moreira


4 anos O castiñeiro

MATERIAL COMPLEMENTARIO DO MARMELEIRO



MURAIS SOBRE TIPOS DE BOSQUE

Fraga, cereixal, souto,carballeira e acevedo


MURAIS, COLMEAS E ABELLAS





DIORAMAS

DIORAMA DO BOSQUE CRETÁCICO

Para os que non o sabedes, o bosque cretácico tiña moitas das especies de hoxendía...as coníferas, a carriza, os fentos,...E así o fixo Lois de 5 anos, cos seus dinosaurios e todo! Toda a clase pintou un debuxo do bosque cretácico, pero non chegaron a poñelo na exposición.


MATERIAL VEXETAL PARA OBSERVAR

Tamén tiñamos un clasificador de follas, os bosques de Luísa e as cartas das árbores e unhas preciosas árbores con plástico de boliñas feitas polos de 3 para aprender as dúas partes principais da súa moreira, a copa e mailo toro. As aulas de 4 e 3 adornaron as súas portas e o interior das aulas con preciosos murais.







DIORAMAS E BOSQUES LEGO

 Construimos os nosos bosques tamén no muro de lego e nunha estupendas maquetas nas que non faltaba detalle. Actividade Stem proposta pola biblio que os rapaces de 5º incluiron nas súas diferentes olladas ó bosque.

Houbo planificación, execución e comunicación, tres pasos importantísimos no desenvolvemento dun proxecto.















PARQUES NATURAIS DE GALICIA 4º. DOCUMENTÁMONOS

 Os nenos e nenas de 4º estudaron o bosque centrándose nos parques naturais de Galicia. Coñecemos a nosa contorna propia e o que pertence ó noso patrimonio natural

A baixa Limia, Illas, Monte Aloia e Pena trevinca foron os obxectos das súas presentacións.







PENA TREVINCA





venres, 21 de xuño de 2024

O BOSQUE TAMÉN EN PSICOMOTRICIDADE

 Como complemento ó traballo de pescuda e vivenciación no xardín arredor das nosas árbores e bichos, a profe Sonia en psicomotricidade levou de paseo por un bosque imaxinario a tódolos cativos de infantil. Despois de percorrer este bosque a través do ioga e quedar ben relaxados, os nenos de 5 anos escribiron e debuxaron o conto que viñan de vivir.







COMO FIXERON O LIBRO SOBRE O MAGNOLIO EN 4º

 Apadriñamento, observación dos seus elementos, pescudas, caderno de campo... un mundo de experiencias e moito traballo científico. Este é o <<paso a paso>>.




INFORMATIVOS DO TEMPO EN 4º. LEMBRANDO O 1º TRIMESTRE

 No primeiro trimestre os nenos e nenas de 4º traballaron nos seus informativos. Procuraron a información do tempo e gravaron na radio os seus programas como auténticos profesionais.











Foi a súa primeira experiencia radiofónica. Agora xa teñen moitas tablas.