Hoxe foron Zoe e Carla de 3º de primaria as lectoras xardineiras que achegaron ós peques de 3 e 5 anos a historia do Carballo con botas. Ao remate quixeron ver se estiveran atentos. Falaron cos peques, Preguntáronlle cousiñas do conto e falaron cos peques sobre como coidaban eles o planeta e como habería que facer para evitar os lumes. Estaban atentas ao reto do mes #concienciamos.
xoves, 25 de abril de 2024
VISITA DE AUTOR 5º E 6º DE PRIMARIA
CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO EN 1º E CONTO ESPECIAL
mércores, 24 de abril de 2024
SUXESTIÓNS LECTORAS EN 3º. DÍA DO LIBRO
sábado, 20 de abril de 2024
CONTOS DE HORTA E DE XARDÍN...COMEZAMOS!
Non sin tempo agardabamos que deixase de chover para poder sair a ler ó noso bosque-xardín-patio. A biblioteca iniciou esta semana unha procura de lectores dispostos a gozar a un tempo dos libros e da natureza. A lista de espera xa é enooorme!.
Mentres os lectores preparan os contos de temática de horta e xardín, xa tiñamos uns espilidos candidatos agardando. Os nenos de 4 anos, co seu micrófono máxico, iniciaron esta aventura neste mes do libro contando ós compañeiros de 4º de primaria A horta de Simón. Son un expertos contadores que xa probaron na radio. Aínda así quixeron ensaiar e estreáronse con público na clase de 5 con Tomás o bromista e fixérono fenomenal!!! Chegada a hora de ler do venres, xuntáronse cos amigos de 4º baixo a sombra do noso liquidámbar e contaron esta interesante historia.
luns, 15 de abril de 2024
NOVO RETO NAS AULAS, TAMÉN PARA AS FAMILIAS
Como sabedes levamos todo o curso mergullados no noso PDI arredor dos bosques e das árbores do noso patio-xardín. Facemos conciencia sobre a importancia do coidado do noso medio de dous xeitos, achegándonos a el emocionalmente e aprendendo cousas sobre esta flora natural e as relacións con tódolos elementos do bosque. Coñecer para valorar, pero non é o único que podemos facer para aprender o valor de mimar ó noso planeta.
Comenzamos agora un novo reto dentro do noso programa de Voz Natura no que nos gustaría contar coa vosa participación. Só tedes que contarnos algunha cousa das que facedes en familia para protexer o planeta e, daquela, a nós mesmos.
Mirade como podedes participar. Calquera cousa que fagades, seguro que é importante. Animádevos!