Durante o mes de febreiro traballamos de xeito especial no Reto#aforramos que nos propuxo Voz Natura. É algo que non nos costou esforzo porque xa a cotío traballamos así. Nos nosos proxectos de aula aproveitamos sempre material de fontes diversas para reutilizar nos obradoiros de plástica e matemáticas. Aproveitamos envases de todo tipo como almacenamento e apoio no traballo individual e grupal. Desenvolvemos iniciativas de aforro de enerxía de auga, calefacción e luz (apagamos cando non as precisamos, recollemos auga da chuvia, temos unha cubeta de lavado dos platos...)
Durante o entroido no noso laboratorio creativo de disfraces non usamos plásticos ou facémolo reutilizando materiais vellos, aproveitamos cartóns, papel de embalar usado nos murais, anacos de papel pintado das mostras, tubos de cartón, etc, para confecionar as nosas creacións. Este curso tamén os mandados do meco foron satisfeitos con trebellos traidos da casa.
Os obradoiros de Arts e gancho e tecido tamén aproveitan os cartóns e materiais doutros cursos para as súas propostas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario