luns, 30 de xaneiro de 2023

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E DÍA DA ILUSTRACIÓN

 Xúntanse no mesmo día dúas celebracións importantes: O Día da Paz e o Día da Ilustración en Galicia.

Despois dos estupendo obradoiros de lectura e reciclaxe nos que nos mergullamos a semana pasada, hoxe tocaba dar o toque final á nosa actividade. Que mellor que xuntarnos e compartir a colocación no mural da entrada de tódolos elementos nos que estivemos a traballar!.

O puzzle que compomos entre todos é un cadro pintado por María Antonia Dans, pintora a quen se lle adica o Día da Ilustración este ano 2023. A nós a súa obra, chea de motivos mariñeiros e agrarios, acáenos moi ben no desenvolvemento do PDI. Daquela enseguidiña escollemos este precioso barco largando ás redes para facelo noso e colocar nel a nosa rede e os nosos peixes de solidariedade e bós hábitos. con moita paciencia, colocamos as pezas, cada curso a súa, pegamos os peixiños feitos e rematamos de coser os catro grandes anacos de rede feitos en cada obradoiro.

Aquí deixamos testemuña do frenético traballar de todos e todas a caron de todos ata rematar un precioso, e cheo de contido e vivencias, mural da Paz.
















sábado, 28 de xaneiro de 2023

SEMANA DE CONTACONTOS POLA PAZ

 Tivemos, tamén semana de contacontos compartida. Tódolos nenos e nenas de infantil ata 3º de primaria recibiron a visita duns estupendos contacontos que foron contando o conto Non é máis ca un (Solo es uno) e animaron a todos a pensar sobre as pequenas accións que poden mudar a vida de todos e con nós do noso planeta.

lectura en 2º



lectura en 3º






lectura en 5 anos




lectura en 3 e 4 anos 





lectura en 1º




Todos estamos a  tomar conciencia da importancia de reutilizar e consumir menos e mellor. Con este conto fomos quen de ver que as pequenas cousas suman moito cando queremos conseguir aalgo bó para todos. 

PASIÑO A PASIÑO ENREDAMOS

 Pasiño a pasiño  ao longo da semana os nenos e nenas de todo o cole, grandes con pequenos, fomos tecendo con tódalas redes enviadas polas familias os catro anacos que xuntaremos na celebración do luns, Día da paz. 

Foi unha experiencia estupenda que había tempo que non tiñamos, polas cousiñas da pandemia. Todos, dende 3 anos ata 6º de primaria gozamos un mundo cos nosos compañeiros e puxemos moito entusiasmo cosendo rede a rede, facendo peixes e ata lendo! O grupo de 1º e 3º fixo uns peixiños de origami especiais capitaneados por Xián de 3º. Foron unhas mañás cheiñas de aprendizaxe compartida e colaborativa.














Aquí deixamos fotos e vídeos das distintas sesións.

LUNS      5 anos e 6º de primaria



MÉRCORES  1º E 3º



2º E 5º





XOVES 3,4 E 4º



Xa o luns contámosvos como quedou ó final a nosa grande rede!


luns, 23 de xaneiro de 2023

COMEZAN AS ACTIVIDADES DA SEMANA DA PAZ

 Dende hoxe luns ata o vindeiro luns 30 de Xaneiro aula tras aula compartirán as lecturas escollidas e os obradoiros de traballo compartido. O noso PDI está na base de toda esta actividade e xa os mouchiños fixeron as súas peticións para todos.

Os nenos de 3º de primaria recibiron a visita dos amigos de 6º, na hora de ler, e foron os primeiros en compartir a lectura do conto Non é máis ca ún Ao final da mañá foi a quenda dos nenos e nenas de 5 anos, quen puideron tecer canda os compañeiros de 6º os primeiros anacos da rede que imos colocar no mural, aproveitando tódalas redes reutilizables que enviastes este días.

SEGUIMOS ANIMANDO OS XOVES DE BIBLIOTECA

 Seguimos a animar os xoves de biblioteca con novos contos. 

Las estrellas de colores foi o conto que Noa e Paula contaron o pasado 12 de Xaneiro