mércores, 22 de xuño de 2022

GRADUACIÓN "LITERARIA" EN 6.º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 6.º de primaria despídense dunha longa e feliz etapa no noso cole. Na súa festa de graduación, celebrada este pasado martes, acompañaron as palabras coas que quixeron lembrar o camiño percorrido coa lectura do precioso conto No te vayas da autora Gabriela Keselman, ilustrado en tamaño grande por unha das nosas exalumnas, que ampliou os debuxos ideados pola ilustradora Gabriela Rubio.



 Foi unha xornada emocionante na que todos gozamos deste "ata logo", acompañados dos nenos e nenas de 5 anos (que facían a súa despedida de infantil). Tivemos a sorte de contar coas actuacións musicais de Fran Pena, quen lles puxo, unha vez máis, o seu toque ás nosas celebracións.

 Ogallá que na vosa nova etapa gocedes e aprendades tanto como nesta que deixades atrás. Agardamos xa a vosa visita!



Ningún comentario:

Publicar un comentario