Este mes imos ir facendo cousiñas arredor das Letras Galegas, xa volo vimos contando dende hai tempo.
Xa participamos nos "Maios do confinamento", do que enseguidiña poderedes ver unha presentación, e agora temos entre mans FAME DE PALABRAS. A presentación tamén está a piques de sair do prelo, pero eso non quere dicir que non poidades seguir participando. Xa sodes moitos e moitas de moitos cursos diferentes os que enviastes a foto. Algunhas profes tamén se animaron. Podedes aínda enviarnos a vosa palabra,...nenos, nenas, profes e familias. Sí vós tamen podedes! E se incluides unha foto vosa co libro e a palabra mellor, pero non é obrigatorio!
Todos podemos compartir a marabilla de sermos falantes dunha lingua fermosa e moi chantada na realidade. Ser plurilingües fainos máis grandes!
Ademáis queremos compartir con todos a lectura deste conto sobre o autor homenaxeado Ricardo Carballo Calero, que nos fixo chegar unha "mamá" da nosa comunidade educativa.
É da colección Letras Galegas dos Bolechas.
Os bolechas
Ningún comentario:
Publicar un comentario