mércores, 28 de febreiro de 2018

TODOS CON ROSALÍA DE CASTRO

Como xa vos contamos no blogue "Fonte dos frades", o venres pasado, 24 de Outubro, 
foi un día de celebración no Párroco. O cumpreanos de Rosalía non podía pasar sen que nós a acompañaramos  e así foi como ela quixo tamén estar connosco e puidemos desfrutar "da súa presencia" e máis das súas poesías. O cole estaba adornado con moitos poemas nas fiestras tal como nos pediran dende a Asociación de Escritores en Lingua Galega e durante un tempiño van ser as nosas as fiestras onde se asomen os seus versos e a "súa- e nosa- fala".  É ben seguro que moitos tamén fixeron súa a petición de agasallar un libro e unha flor neste día.














Dentro do noso proxecto  "Os ollos de Vigo" non podiamos esquecer tampouco "os ollos de Rosalía" e daquela os mouchiños mandaron ás familias á procura deses elementos da cidade que nos falan dun xeito ou doutro dela... a imprenta Compañel, as rotondas cas súas estatuas, os homenaxes feitos pedra ós seus poemas, as rúas adicadas a ela, os parques, os paseos...Todos estes recunchos e as correspondentes fotos foron chegando na data indicada ao cole, moitas mesturadas con outras viaxes solicitadas polos mouchiños. Estas últimas houberon de se integrar nos murais correspondentes, pero coas que viñan só adicadas á sua figura fixemos unha fiestra especial. Despois de viaxar ata o Estreito de Rande no submariño Nautilus no Entroido a xaneliña á que se asomase a nosa poeta tiña que ser un "ollo de boi". Non podía ser doutro xeito. Así tódolos viaxeiros do Nautilus poden xa asomarse e coñecer a esta muller que viviu nos tempos de Xulio Verne. Naceron só con 7 anos de diferencia.

Como o tempo apura e inda estamos a construilo, despois de calcular o grandísimo tamaño que lle tiñabamos que poñer, temos empezado por facer unha reconstrucción dixital mentres non acabamos de pintar o orixinal. Así que desfrutade deste avance tecnolóxico ata poder ver o resultado real nas escaleiras anchas de subida ás aulas. 





luns, 19 de febreiro de 2018

SEGUNDO DE PRIMARIA EN...?



Subimos a foto esquecida na entrada do outro día, atrevédesvos a adiviñar a que zona de Vigo viaxaron...?


Claro que sí! Aínda que custa un pouquiño recoñecela están na Praza de América.

domingo, 18 de febreiro de 2018

FELIZ ANIVERSARIO!!

Tal día coma hoxe  hai 150 anos chegaba, na ficción de Verne, o Nautilus ata a nosa ría na procura dos tesouros de Rande. 
Somos moitos os que este ano temos a nosa ollada posta neste acontecemento, un máis dos que neste 2018 fannos mirar cara o mar de Vigo. A nosa cidade non é allea a este fito e proba delo é esta foto publicada no Faro de Vigo.


 
Varios escritores fanse eco tamén de estas teimas e nos agasallan con interesantes libros que nos achegan un pouquiño mellor esta historia, algúns están xa na nosa biblioteca.

Entre as moitas homenaxes que se lle están facendo na cidade destacan o pasado día 16 e hoxe mesmo a lectura de 20000 leguas de viaxe submarino. Nós no Párroco xa temos o noso recuncho con moitas das obras de Verne e limos -cos de infantil, e tamén nalgunha clase de primaria- unha reinterpretación da novela, ademais de todo o aprendido na preparación do entroido. 

Hoxe queremos que este sexa o 1º reto lector de este curso para as familias...recuperar as lecturas de Verne, en especial a triloxía da que forma parte "20000 leguas...".
Animádevos e deixade un comentario na lapela superior. Boas lecturas!

mércores, 14 de febreiro de 2018

XA ESTÁ A CHEGAR ÁS AULAS UNHA NOVA CARPETA VIAXEIRA



En canto volvamos as aulas os mouchiños xa nos teñen preparada unha nova carpeta viaxeira adicada ao mar de Vigo. Daquela,  e como nos deixaron tempo libre nesta primeira parte do trimestre, imos ter que mergullarnos de cheo en tres tarefas con traballo  variado cos que poder compor 3 novos edificios da nosa cidade. 
"Os Ollos do Polbo", "Os Ollos do barquiño" e "Os ollos da fada e o dragón" dánse a man para axudarnos a investigar a vocación mariña de Vigo, o seu pasado e presente pesqueiro, astaleiro e conserveiro, e maila súa vocación literaria da man de Verne (unha volta máis) e de Martin Códax. Lembrade que o día de Rosalía está aí xa e na fin do trimestre agárdanos  o Día da Poesía que este ano leva o selo dos trovadores vigueses e do Pergamiño Vindel.

NOVA CARTA PARA AS FAMILIAS

Metidos de cheo no barullo do Entroido os mouchiños aproveitaron para lles poñer deberes ás familias para que poidan seguir completando as súas viaxes por Vigo.
3 son as novas propostas. As dúas primeiras xa case inmediatas...unha viaxe ao
Entroido  Vigués a ver se nos topamos con algún Merdeiro e unha segunda viaxe polos lugares de Rosalía, polas rúas que levan o seu nome e as estatuas que se lle adican; asi como polos lugares que formaron parte da súa vida literaria. O 24 de febreiro celebramos o seu día, de aí o apremio das datas. Polo que respecta ao Entroido se segue a chover e teñen que aplazar os desfiles, os mouchiños poden esperar e alongarán o plazo de recepción dos traballos sen nengún problema.

"Vigo Misterioso" tamén ten unha nova tarefa na que hai que afanarse por atopar os murais relacionados co mar que locen na nosa cidade, entre eles hai dous que teñen que ver coas nosas propostas literarias arredor de Xulio Verne,  o libro Balea e o escritor vigués Ramón Trigo (que enseguidiña entrarán en escea no noso PDI) que formarán parte das nosas lecturas cando volvamos as aulas. Deixámosvos a carta por se algún non a recibiú na casa.

 CARTA AS FAMILIAS

BENQUERIDAS FAMILIAS!:

O entroido xa está aí e  neste mes de febreiro toca facer  a 4ª e  a5ª viaxe  dentro do proxecto familiar “7 semanas en Vigo” no que estades a participar moitos e moitas de vós.

Primeiro queremos que nestes vindeiros días procuredes tódolos recunchiños de Vigo onde asoma o Entroido e fagades coma sempre unhas fotos das vosas vivencias cos vosos fillos e fillas.
Dúas ou tres fotos abondan.
TEDES ATA O 28 DE FEBREIRO

En segundo lugar  o día  24 de febreiro queremos facer unha homenaxe á Rosalía de Castro e sumarnos ao proxecto da AELG “ Abride a fiestra”, recordando a súa persoa e maila súa obra poética.
Daquela pedímosvos que viaxedes a algún dos lugares relacionados con Rosalía que tedes na listaxe que vos damos (ou outro que coñezades vós) e fagades unha foto alí e nola enviedes. Podedes levar se queredes na man unha imaxe de rosalia ou algúns versos de “Cantares Galegos”. Nós meteremos a foto nunha fiestra de cartón  e faremos  con elas un mural. TEDES ATA O 22 DE FEBREIRO

LUGARES DE ROSALÍA
- Imprenta de Juan Compañel  na rúa Real, onde se editou “Cantares Galegos”
-Paseo de Rosalía de Castro no Castro
- Rúa Rosalía de Castro preto do Areal
- Monumento a Rosalía na rotonda da rúa Rosalía/rúa República Arxentina
- Escultura da rotonda de Canceleiro con rúa Rosalía adicada a un dos seus poemas.



Por outra banda, temos outro encarguiño para os que participades en “VIGO MISTERIOSO”.
Tedes que atopar  ALGÚN dos murais adicados ao tema mariño que están espallados pola cidade.
Como pista dámosvos as rúas nas que tedes que buscar. Nelas atoparedes escritores importantes para Vigo, monstros e criaturas mariñas, caracolas e incluso barcos e xentes do mar. A ver que descubrides!!.TEDES ATA O 16 DE MARZO.

Listaxe de rúas con murais mariños.
Avenida da Florida
Torrecedeira
Beiramar
Areal
Hispanidade
Blein Budiño
Monte do Castro
O Calvario


Os pasaportes seguen a encherse cos selos das vosas viaxes e chegarán ás vosas casas á fin de curso, no remate do proxecto...así que ánimo!!! Estades facendo un traballo estupendo.

Os mouchiños da biblio queremos dárvo-las grazas polo feito ata agora. Son moitos os anaquiños da cidade que estamos a coñecer convosco. Que sigades desfrutando.

ENTROIDO VERNIANO...TRABALLANDO CON 20000 LEGUAS DE VIAXE BAIXO DOS MARES

Por fin chegou o día tan esperado e, cun moito de boa sorte, a chuvia deixou paso a uns breves clariños. Suficientes para poder desfrutar desta festa no patio na compaña das nosas familias e moitos amigos. Un tras outro foron desfilando os distintos cursos todos eles con disfraces relacionados con Verne e a súa novela...
Daquela no patio atopamos ao  noso Meco Camilus e a balea coa que loitaron os arpoeiros



ao propio Xulio  Verne

 

o Capitán Nemo e Ned Land

 

a tripulación da fragata Abraham Lincoln...

 

os arpoeiros

 

os polbos

 

os buzos coas súas escafandras


 


 


unha nutrida representación de animais mariños...
cabaliños de mar


 

tiburóns

 





medusas

 

tamén os mariñeiros 

 

e o fondo da Ría de Vigo tal como quedou despois da Batalla de Rande

 
 cos seus tesouros agochados  entre as algas e os pecios afundidos e algún afundíndose despois de lle roubar o ouro e a  plata. 

Como vedes non faltou  detalle e se faltaba algo as Coplas e o Testamento feito polos alumnos de 5º e 6º de Primaria aclaráronnos todo o que nos faltaba por saber. 


 COPLAS
 Neste entroido  XULIO VERNE,
 vai ser o referente,
“Vinte mil leguas baixo dos mares”,
 peixes, polbos e calamares.                             1. NOEMI M.-LUCÍA B.

 Fai cento noventa anos
 en Nantes naceu,
 con once intentou embarcar
 pero o seu pai non o deixou navegar.             2.GABRIEL-ALEX

“Todo o que un home é capaz de imaxinar
outros o realizarán”
É a frase máis famosa de Verne
que a maioría temos presente.         3.NOEMÍ P.-ÁGUEDA

Escribiu moitos relatos
a maioría fantásticos,
a súa gran imaxinación,
o fixo unha estrela doutra dimensión.     4.MARTÍN-RUBÉN


Viaxou ao centro da terra
tamén deu voltas ao mundo,
foise  directo a lúa,
e mergullouse no mar profundo.   5.THALÍA-SAÚL

Tivo tanta repercusión,
como pai da ciencia fición
que aos do Parroco Don Camilo
inspirounos co seu submarino.           6.NAOMI-ZAIRA

O noso meco “Camilus”
partiu do seu Nautilus
cambiamoslle unhas  letras
e fixemos unha xogarreta              7.JULEN-MATEO

Cando Verne a Vigo chegou
o tesouro de Rande encontrou
cando Nemo o mirou
 no  seu submarino o levou         8.BREIXO-YASMINA


Verne recalou dúas veces na costa viguesa,
unha por un forte temporal
e a outra por unha avería 
que nos deixou sen enerxía.       9. LUCAS-AARÓN

A estatua de Xulio Verne
atópase preto do mar
enriba das enormes patas
dun polbo xigante de metal.            10.  SHEILA-LUCÍA P.

A tripulación do Nautilus
tiña  poucos membros
e na fragata de Abraham Lincoln
imos os vintecinco.                                        11.BREIXO-YASMINA

O gran monstro mariño
 foi nin máis nin menos,
Que un artefacto de chapa
Que lles deu moito a lata.                      12. MARIAMA-SILVIA


O “monstro” ao barco afundiu e so tres se salvaron
un profesor, o seu criado e un arponeiro malencarado
O Capitán Nemo non os deixaría marchar
pero por sorte conseguiron escapar.                13 . ESTELA-CARLA

 
  Gracias a todos e bó traballo.

De seguro que Xulio quedará para sempre nas nosas memorias.

OBRADOIROS DE ENTROIDO EN INFANTIL

Os de infantil non quixeron despedir o entroido no cole sen facer unha nova sesión de obradoiros compartidos, que xa veñen sendo tradicionais nos últimos cursos, rotando por grupos mesturados polas tres aulas de infantil. Ós obradoiros plásticos cotiáns nesta epoca para facer antifaces e maquillaxe sumouse unha proposta literaria tamén lóxica dentro do desenvolvemento do noso PDI...o contacontos de "20000 leguas de  viaxe baixo dos mares" en versión “infantil”. Coidamos que lles gustou moito. Non temos moitas fotos, pero abondan para darnos unha pequena idea de como transcorreu a mañá do xoves 8 de febreiro nas aulas dos pequenos.





SEMANA DA TROULA A VOLTAS CON XULIO VERNE

As actividades de Entroido sumáronse á homenaxe e o traballo arredor de Xulio Verne que  nos ocupa  parte deste curso. A súa relación con Vigo plasmada no seu libro  "20000 leguas de viaxe baixo dos mares" foi a teima central desta festa. Na semana da troula o noso Meco Camilus deu as ordes precisas para ir compondo un disfraz de capitán, pero claro non podía ser outro que o capitán Nemo.
Estes son algúns dos participantes na troula...