A verdade é que non esperabamos menos porque sabemos de sempre das gañas das familias de compartir as súas experiencias connosco e participar das cousiñas que os seus fillos e fillas están traballando. Daquela ésta é a razón do título desta entrada. Abraiante é o mundo de fotos e comentarios que nos vosos collages chegaron ata as aulas e enseguidiña van formar parte do mural colectivo que imos preparar esta semana vindeira. De feito, o papel que estabamos preparando xa quedou pequeno antes de empezar a colocar os vosos traballos. En canto o teñamos amosarémosvos as fotos. Pero primeiro estamos contando aos compañeiros nas aulas o que vimos nesta primeira viaxe por Vigo. Se lestes ben a proposta dos mouchiños as peticións e as viaxes pola cidade van sucederse ao longo deste curso. Ogallá que non baixen as gañas de coñecer cousas novas ou mirar con outros ollos as que xa coñecemos.
Os mouchiños xa están empezando a encher os vosos pasaportes viaxeiros familiares cos selos correspondentes ás dúas primeiras actividades. Moitísimas grazas pola vosa participación. E se alguén quedou atrás, aínda está a tempo de participar. Haberá sitio para todos.
sábado, 18 de novembro de 2017
domingo, 12 de novembro de 2017
UNHA PÁXINA DE CIENCIA EN GALEGO
Aproveitamos as boas recomendacións das nosas compañeiras dos outros centros Plambe para achegarvos esta completa páxina de Ciencia en galego.
GCIENCIA desfrutade dela AQUÍ
AS VIAXES DA CIENCIA EN GALEGO
O VIII Día da Ciencia en Galego está centrado
nas viaxes científicas en galego.
Védelo AQUÍ
QUE SABEMOS DE VIGO
Todo bo camiño na metodoloxía de aprender a pensar comeza por coñecer cal é o noso punto de partida. Apoiandonos nel é posible empezar a construir o coñecemento. As ideas previas que temos sobre algo non sempre son acertadas, pero é que dos nosos erros tamén se aprende. Nós comezamos este edificio ( o de coñecer a nosa cidade) dende os cimentos e despois de facer os faladoiros nas aulas deixamos no noso mural o que sabemos ou cremos saber sobre Vigo. Ao final do camiño teremos de volver sobre esas ideas e facer balance do aprendido.
APRENDER A PENSAR NO SAMAÍN
Unha das habilidades principais no "aprender a pensar" é aprender a mirar e ao tempo aprender a apreciar os elementos visuais e racionais que hai nunha imaxe. Daquela, e tamén dun xeito festivo, os nosos corredores enchéronse nos días previos ao Samaín de bruxas, pantasmas, morcegos e demais familia que nos invitaban a mirar e a descubrir semellanzas e diferenzas. Para algúns pequenos foi un entretemento buscar e rebuscar mentres agardaban nas filas de saída.
Aquí vai un exemplo.
Aquí vai un exemplo.
venres, 10 de novembro de 2017
A VOLTA AO MUNDO EN 80 CONTOS
Como xa vimos dicindo en outras ocasións, Xulio Verne e o seu mundo vai tinguir dun xeito ou outro o noso devagar de aprendizaxe neste curso. Xa hai tempo que rola polas aulas este libro tan especial que olla cara distintas partes do noso planeta achegándonos os moitos contos que neles len e desfrutan os lectores de alá e acolá. Algúns dos nenos que xa o tuveron nas aulas din que lles soubo a pouco e que precisarían telo máis tempo. A ver se podemos darlle unha segunda volta cando remate o seu percorrido.
Os mouchiños veñen de facernos este ano unha invitación para facer máis visibles estas lecturas. Aquí vola deixamos para que vexades os traballos que nos ocupan. A ver que somos quen de argallar nas distintas aulas!.
Os mouchiños veñen de facernos este ano unha invitación para facer máis visibles estas lecturas. Aquí vola deixamos para que vexades os traballos que nos ocupan. A ver que somos quen de argallar nas distintas aulas!.
venres, 3 de novembro de 2017
VIGO E O MES DA CIENCIA EN GALEGO
Este mes de novembro temos un fermoso alegato a favor da Ciencia escrito por unha muller matemática e viguesa, alegato que queremos compartir con todos vos. Non fan falta ás veces grandes explicacións, as cousas da Ciencia son tan sinxelas como a propia vida na que nos estamos a desenvolver.
Podedes lelo AQUÍ e tamén vos achegamos catro cousiñas sobre o seu traballo.
Os recursos para traballar a ciencia tédelos na pestana lateral. Enseguidiña na biblioteca o expositor especial adicado a Ciencia en galego: bioloxía (monstros na natureza, animais de gran tamaño e tecnoloxía, artefactos e máquinas)
Podedes lelo AQUÍ e tamén vos achegamos catro cousiñas sobre o seu traballo.
Os recursos para traballar a ciencia tédelos na pestana lateral. Enseguidiña na biblioteca o expositor especial adicado a Ciencia en galego: bioloxía (monstros na natureza, animais de gran tamaño e tecnoloxía, artefactos e máquinas)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)