xoves, 31 de marzo de 2016
OS MURAIS DO SEGUNDO TRIMESTRE XA ESTÁN LISTOS
Xa todos fixemos os nosos deberes e preparamos para Colorín toda a información que nos pediu. Podedes vela cando subades as escaleiras que van ao primeiro andar. Para más detalles ide o noso blogue especial no que pouquiño a pouco imos publicando todo.
domingo, 20 de marzo de 2016
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
A fareira de Cabo Vilán foi unha das mulleres protagonistas do Día da muller traballadora e con ela tódalas outras mulleres que comparten unha profesión tan especial. As aulas foran invitadas hai tempo por Colorín a pescudar na vida de Cristina Fernández e nós adicámoslle unha das pestanas principais do blogue.
Sabemos que algunhas clases traballaron con ese material dentro do marco do noso Proxecto Documental deste curso. Xa nos contarán cando poidan o que puideron averiguar sobre a súa vida.
Por outra banda, no marco dos "Xoves de biblioteca" tamén quixemos achegarnos á figura de tres mulleres que por diferentes motivos destacaron na sociedade coas súas profesións. Tres contiños compuxeron unha serie de lecturas que nenos e nenas de 2º de Primaria contaron ao longo de 3 semanas nos recreos.
Os títulos da colección Pequeña & Grande foron : Audrey Hepburn, Frida Kahlo e Cocó Chanel. En canto teñamos as fotos subirémolas.

SEMANA DA PRENSA
Vimos de celebrar ao longo destas dúas últimas semanas do trimestre "A semana da Prensa" Unha oportunidade para acceder á información dende un punto de vista diferente, ó que aportan os xornais. Galicia, a súa xeografía e cultura, as novas das distintas bisbarras, anuncios en galego e para Galicia e mesmo o humor galego presente nos xornais de Galicia foron aspectos que estiveron presentes na exposición feita na entrada do cole.
sábado, 5 de marzo de 2016
OUTRAS MOITAS MULLERES QUE QUEREN SER VISIBLES
Ainda que o tema do Proxecto documental deste curso fainos centrarnos nas mulleres fareiras e dos traballos asociados co mar non queremos deixar pasar esta celebración sen achegarvos as novas de outras moitas mulleres que desde distintos ámbitos están a facerse mais visibles. Premede nestasligazóns para ter mais información.
A LOITA NA CIENCIA
ALBUM DE MULLERES
RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA
LIM PARA INFANTIL E 1º DE PRIMARIA
A LOITA NA CIENCIA
ALBUM DE MULLERES
RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA
LIM PARA INFANTIL E 1º DE PRIMARIA
xoves, 3 de marzo de 2016
TRES CONTACONTOS MAIS NESTE TRIMESTRE
As lecturas dos xoves na biblioteca seguen sucedéndose, ainda que non deamos conta semanal das mesmas. Tres contos máis viñeron a se engadir á longa listaxe do trimestre.
Á volta do Entroido foi a profe Pili a encargada de ler o conto "El señor tigre se vuelve salvaje"
O xoves seguinte coincidindo co día de Rosalía unhas nenas de 2º, Uxía e Inés, leron "A toupeira Rosa".
"Lo que le dijo el ratón al topo" foi a terceira das lecturas das que falamos. Esta vez foi a quenda de dous nenos de 4º de Primaria.

COLORÍN DÁNOS TRABALLO
Neste derradeiro tramo do trimestre, Colorín -o mouchiño do mes de Marzo- vense de poñer en contacto con tódolos nenos do cole porque anda moi apurado. Como puidemos ler nas cartas que nos chegaron ás aulas, quere participar na Semana da Prensa cun artigo sobre os faros da provincia da Coruña e, como non da feito, precisa da nosa axuda.
Cada aula recibiu o nome dun faro sobre o que lle temos que buscar toda a información.
Os nomes sonábannos todos...Fisterra, Roncudo, Vilán, Laxe...e moitos máis. O mouchiño xa nos preparou un mural nas escaleiras anchas que de seguro nós non tardaremos en encher. Xa vos contaremos!
Mentres, ollade a carta que enviou ás aulas. Inclúe un nome de muller que non temos moita idea de quen é. A ver se alguén se anima a investigar un pouco!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)