venres, 19 de febreiro de 2016

O MOUCHIÑO JOHNBOOK INVÍTANOS...


Esta semana apareceu nas nosas aulas esta invitación tan especial. Achégase o día de Rosalía e o mouchiño Johnbook, o encargado da biblioteca este mes de febreiro, quere que o celebremos con el. 
Cantos de nós nos animaremos a acompañalo? Sei de boa tinta que algúns xa estamos facendo tódolos preparativos. Cando pase o día xa volo contamos!.

xoves, 18 de febreiro de 2016

ENTROIDO DE DOCUMENTACIÓN E CREATIVIDADE

Para nós o Entroido non é somentes a festa, o desfile e o baile que practicamos para poder facelo todos xuntos compartindo eses momentiños de ledicia. Detrás dos disfraces está a documentación sobre a parceliña que nos toca no tema de cada ano. 
Este curso, xa sabedes, que o tema escollido foi a Galicia costeira dentro do Proxecto Documental "Galicia de faro a faro". Daquela o noso patio encheuse de mar e de barcos, mariñeiros, redeiras, fareiros, pescadores, mariscadoras, peixeiras, persoal  do salvamento marítimo, sereas, popeyes,...Todos eles foron os protagonistas xunto coa Xouba-Meco das Coplas tradicionais e mailo Testamento elaborado polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria e ás súas profes. Aquí volos deixamos por si non puidestes desfrutalos co barullo da festa.


COPLAS   ENTROIDO   2016

VIVIR NUN FARO
É VIVIR NA FIN DO MUNDO
NON FALAS CON NINGUÉN
É VOLVESTE MUDO.

O VENTO ZOA
A MAR ESTÁ BRAVA
SÓ FALTA A VISITA
DA SANTA COMPAÑA.

COSE QUE COSE
FÍA QUE FÍA
AS REDEIRAS REMENDAN
E OS MARIÑEIROS CONFÍAN.

PARA SER PERCEBEIRO
VALOR HAS DE TER,
VIXIAR O MAR
PARA A REDE ENCHER.

 POLO CANTO DAS SEREAS
NON TE DEIXES ENGAIOLAR
VIAXA  ÁS CIES
E  ABRAIADO  QUEDARÁS.

OS BARCOS GUIADOS SON,
POLA LUZ DOS GRANDES FAROS
EVITAN QUE NON CHOQUEN
CON CABOS E ACANTILADOS.

CON TANTAS CRIATURAS
O MAR É UNHA CANCIÓN,
E AS TARTARUGAS
APLAUDEN CON EMOCIÓN.

REDEIROS E REDEIRAS
VEÑA TODOS A COSER,
QUE VEN O BARCO GRANDE
E UNHA REDE QUEREN TER.

 DE FARO A FARO
ILUMINANDO A MAR,
PARA QUE OS BARCOS
VEXAN  AO  NAVEGAR.

OS MARISCADORES
TRABALLAN SEN PARAR
DE NOITE E DE DÍA
NON DEIXAN DE PESCAR.

PESCADORES A PESCAR,
FAROS A ALUMEAR
E MENTRES TODOS TRABALLAN
OUTROS A CANTAR.

OS REDEIROS E REDEIRAS
TRABALLAN COAS SÚAS MANS,
PARA QUE LOGO OS PESCADORES
SAIAN A NAVEGAR. 

DENDE CABO SILLEIRO
ATA RIBADEO
TEMOS FAROS ONDE A XENTE,

PODE DISFRUTAR DO MAR E O CEO.



TESTAMENTO

Ai , filliños, filliños
Neste ano de tanta crise
Non puiden aforrar un euriño
E vouvos mandar de viaxe
Cos de 4 anos no seu barquiño.

A medida que estudamos os faros
Recorremos a costa galega.
Subide a bordo!
Que a viaxe comeza.

A Malena e a primeiro
Deiexámolos en Cabo Silleiro
para que pesquen moitos xurelos
cun barco pesqueiro.

Seguimos ata as Cíes
Desembarcamos a Charo e a súa clase
para tomar o sol, pasear
e gozar coa boa paisaxe.

Ao monte da Guía
Levamos a Vanessa cos de tres anos
a vender pescado
fresco da ría.

Chegaron a Cabo Home
os alumnos de 2ºA con Bea
e as sereas atoparon unha balea
bailando na area.


A Profe Elena cos de sexto
Desembarcamos en Tambo
e bailamos un tango
para despedirnos este ano.

Os de cinco anos con Pilar
Abordan Punta Nariga
e atopan un cangrexo
que lles fai cóxegas na barriga.

A Belén e a Abby
Deixámoslles o faro de Fisterra
que monten unha boa festa
e se boten a durmir a sesta.


Para Silvia temos reservada praza
No faro das Illas Sisargas
para que colla moitas gambas
e as cociñe á prancha.

Estamos seguros de que a Rosa
Gustaralle Punta Roncudo
para escoitar a música das ondas
camiño do fin do mundo.


É que mellor que Laxe
Para Marga a nosa profe de relixión
para que se relaxe
e non cambie de profesión.

Aos de quinto con Gladys
Gústalles o faro de Ons
regalámoslle unha batea
para coller moitos mexillóns.

Reservamos o faro de Sálvora
Para Noemi e os de terceiro
para as súas prácticas de salvamento
e que rescaten moitos mariñeiros.

Con Patricia e os alumnos de cuarto
Chegamos a Punta Cabalo
sacade todas as canas
e pescade moitos rodaballos.

A profe Silvana e 2ºB
Desembarcan en Corrubedo
para ver moitas sereas
e que Popeye controle as mareas.


Para a profe Elvira reservamos
O faro de Monte Louro
que faga unha excavación
e que atope moito ouro.

A Sonia queremos deixala
No faro de Touriñán
que madrugue pola mañá
e prepare as cigalas para a cea de gala.


Seguro que a Luis
Lle gusta o faro de Muxía
subirse á pedra de Abalar
e ver se se movía.

E para, Pili, a capitana
Temos reservada Illa Pancha
e como alí non hai crocodilos
seguro que descansa.



CONTOS NA TROULA

Na semana da troula, ademais que cumplir ben cumplidos con tódolos desexos da nosa Xouba-Meco, "Resalgada" a biblioteca acolleu á lectura, (por parte xa dos nenos e nenas de 3º de Primaria!!) do conto A MÁSCARA DO LEÓN. Aquí, védelas nas fotos compartindo esta lectura cos seus compañeiros.

















domingo, 14 de febreiro de 2016

UN CONTO NO DÍA DA PAZ

Nos Xoves de lectura o noso compañeiro de terceiro de primaria, Dani, contou na semana da paz un conto moi especial... TODOS MENOS UN, de Éric Battut. 
En palabras de Darabuc (blogue especializado en literatura infantil e xuvenil) este conto "é unha fábula sobre a identidade e a necesidade de non se conformar cando ún  sente que non encaixa nun grupo". É que a paz non a construén só os demais, -cando colaboran e comparten; senon  que quen se sente diferente  ten que buscar tamén solucións e  axudar a darlle a volta ás dificultades.











venres, 12 de febreiro de 2016

MÁIS ARROLOS PARA CELEBRAR A PAZ

A celebración da paz empezou á volta das vacacións coa reflexión feita nas aulas sobre os nenos refuxiados. A eles adicámoslle este ano o noso mural da paz. Entre todos fixemos unha estrela enorme coas nosas cariñas para simbolizar a esperanza nun futuro mellor. Ese futuro que queremos para eles e tamén para nós. Un poema de Manuel María que -tamén entre todos- escribimos axudounos a poñer en palabras tódolos nosos desexos. Ademais cada aula quixo rematar outro arrolo ben coñecido: " Durme meu neno, durme sen mais pranto que... " cunha mensaxe moi especial para aqueles nenos que durmen fora e lonxe do seu fogar.



DETALLES DAS NOSAS CARIÑAS.-




3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

4º PRIMARIA

1º PRIMARIA

5º PRIMARIA

2ºA PRIMARIA

2ºB PRIMARIA

6º PRIMARIA

3º PRIMARIA


                                           A ESTRELA SEN NOME (MANUEL MARÍA)









luns, 1 de febreiro de 2016

OS ARROLOS DE COPO...UNHA BOA RECOLLIDA!

Antes de nada queremos dárlle-las grazas a tódalas familias que mandaron arrolos ao cole para o mouchiño Copo. Algúns deles- unha  moi pequeniña parte- locen nun pequeno mural elaborado coa algúns escolleitos ó chou. Pero xa enseguidiña vai empezar a rular polas aulas o libro viaxeiro onde imos  pegalos todiños, todos!! Foi unha recollida impresionante...hainos en galego, en castelán, en italiano, en brasileiro, en árabe e en inglés. Hainos tradicionais,  inventados polas familias e inventados polos nenos nas aulas...Cando o traballo estea rematado xa disfrutaredes deles!!