xoves, 18 de febreiro de 2016

ENTROIDO DE DOCUMENTACIÓN E CREATIVIDADE

Para nós o Entroido non é somentes a festa, o desfile e o baile que practicamos para poder facelo todos xuntos compartindo eses momentiños de ledicia. Detrás dos disfraces está a documentación sobre a parceliña que nos toca no tema de cada ano. 
Este curso, xa sabedes, que o tema escollido foi a Galicia costeira dentro do Proxecto Documental "Galicia de faro a faro". Daquela o noso patio encheuse de mar e de barcos, mariñeiros, redeiras, fareiros, pescadores, mariscadoras, peixeiras, persoal  do salvamento marítimo, sereas, popeyes,...Todos eles foron os protagonistas xunto coa Xouba-Meco das Coplas tradicionais e mailo Testamento elaborado polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria e ás súas profes. Aquí volos deixamos por si non puidestes desfrutalos co barullo da festa.


COPLAS   ENTROIDO   2016

VIVIR NUN FARO
É VIVIR NA FIN DO MUNDO
NON FALAS CON NINGUÉN
É VOLVESTE MUDO.

O VENTO ZOA
A MAR ESTÁ BRAVA
SÓ FALTA A VISITA
DA SANTA COMPAÑA.

COSE QUE COSE
FÍA QUE FÍA
AS REDEIRAS REMENDAN
E OS MARIÑEIROS CONFÍAN.

PARA SER PERCEBEIRO
VALOR HAS DE TER,
VIXIAR O MAR
PARA A REDE ENCHER.

 POLO CANTO DAS SEREAS
NON TE DEIXES ENGAIOLAR
VIAXA  ÁS CIES
E  ABRAIADO  QUEDARÁS.

OS BARCOS GUIADOS SON,
POLA LUZ DOS GRANDES FAROS
EVITAN QUE NON CHOQUEN
CON CABOS E ACANTILADOS.

CON TANTAS CRIATURAS
O MAR É UNHA CANCIÓN,
E AS TARTARUGAS
APLAUDEN CON EMOCIÓN.

REDEIROS E REDEIRAS
VEÑA TODOS A COSER,
QUE VEN O BARCO GRANDE
E UNHA REDE QUEREN TER.

 DE FARO A FARO
ILUMINANDO A MAR,
PARA QUE OS BARCOS
VEXAN  AO  NAVEGAR.

OS MARISCADORES
TRABALLAN SEN PARAR
DE NOITE E DE DÍA
NON DEIXAN DE PESCAR.

PESCADORES A PESCAR,
FAROS A ALUMEAR
E MENTRES TODOS TRABALLAN
OUTROS A CANTAR.

OS REDEIROS E REDEIRAS
TRABALLAN COAS SÚAS MANS,
PARA QUE LOGO OS PESCADORES
SAIAN A NAVEGAR. 

DENDE CABO SILLEIRO
ATA RIBADEO
TEMOS FAROS ONDE A XENTE,

PODE DISFRUTAR DO MAR E O CEO.



TESTAMENTO

Ai , filliños, filliños
Neste ano de tanta crise
Non puiden aforrar un euriño
E vouvos mandar de viaxe
Cos de 4 anos no seu barquiño.

A medida que estudamos os faros
Recorremos a costa galega.
Subide a bordo!
Que a viaxe comeza.

A Malena e a primeiro
Deiexámolos en Cabo Silleiro
para que pesquen moitos xurelos
cun barco pesqueiro.

Seguimos ata as Cíes
Desembarcamos a Charo e a súa clase
para tomar o sol, pasear
e gozar coa boa paisaxe.

Ao monte da Guía
Levamos a Vanessa cos de tres anos
a vender pescado
fresco da ría.

Chegaron a Cabo Home
os alumnos de 2ºA con Bea
e as sereas atoparon unha balea
bailando na area.


A Profe Elena cos de sexto
Desembarcamos en Tambo
e bailamos un tango
para despedirnos este ano.

Os de cinco anos con Pilar
Abordan Punta Nariga
e atopan un cangrexo
que lles fai cóxegas na barriga.

A Belén e a Abby
Deixámoslles o faro de Fisterra
que monten unha boa festa
e se boten a durmir a sesta.


Para Silvia temos reservada praza
No faro das Illas Sisargas
para que colla moitas gambas
e as cociñe á prancha.

Estamos seguros de que a Rosa
Gustaralle Punta Roncudo
para escoitar a música das ondas
camiño do fin do mundo.


É que mellor que Laxe
Para Marga a nosa profe de relixión
para que se relaxe
e non cambie de profesión.

Aos de quinto con Gladys
Gústalles o faro de Ons
regalámoslle unha batea
para coller moitos mexillóns.

Reservamos o faro de Sálvora
Para Noemi e os de terceiro
para as súas prácticas de salvamento
e que rescaten moitos mariñeiros.

Con Patricia e os alumnos de cuarto
Chegamos a Punta Cabalo
sacade todas as canas
e pescade moitos rodaballos.

A profe Silvana e 2ºB
Desembarcan en Corrubedo
para ver moitas sereas
e que Popeye controle as mareas.


Para a profe Elvira reservamos
O faro de Monte Louro
que faga unha excavación
e que atope moito ouro.

A Sonia queremos deixala
No faro de Touriñán
que madrugue pola mañá
e prepare as cigalas para a cea de gala.


Seguro que a Luis
Lle gusta o faro de Muxía
subirse á pedra de Abalar
e ver se se movía.

E para, Pili, a capitana
Temos reservada Illa Pancha
e como alí non hai crocodilos
seguro que descansa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario