A biblioteca está abrindo nos recreos dos martes e os xoves. Os martes desfrutamos da lectura libre, dos libros-xogos, das colas para coller libro de préstamo (hai unha chea de peticións) e de xogos lectores de mesa e no ordenador. (para os que hai tamén moita demanda).
Os xoves, de momento, os axudantes de 6º estiveron a nos contar contos relacionados coas emocións.
As emocionantes lecturas do mes de outubro foron ORELLAS DE BOLBORETA, O SOÑO DO OSIÑO ROSA E PÉTALA. O derradeiro xoves do mes, e coincindo co Samaín, o conto non podía ser outro que un conto de medo. QUEN LLE TEN MEDO A ARAÑA?.
Velahi van as fotos das distintas sesións.
O soño do osiño rosa
Quen lle ten medo a araña
Ningún comentario:
Publicar un comentario