ART IN ENGLISH
Este ano, como xa sabedes tivemos a sorte de contar entre
nós a Abby, a nosa mestra americana. Con ela fixemos moitas cousas :
murais festexando as festividades típicas de alá, power points explicándoas,
escribimos historias de medo e lle dimos formato de libro, contactamos cos
rapaces da escola da nai de Abby e lle escribimos cartas, despois recibimos
contestacións… pero o máis importante sin dúbida, foi escoitar o seu acento e a
súa entoación, os seus xiros linguísticos e as súas expresións.
Para
nós foi moi importante tamén o proxecto que fixemos sobre Minnesota. Investigamos
a súa situación xeográfica, a súa capital, a súa cidade máis importante, o
número de habitantes, os deportes, o clima, a comida típica, os lugares
turísticos… Pero… o día grande, grande foi a visita ao cole da nai de Abby, quen
viu a España a visitar a súa filla, e estivo na nosa clase cargada cunha morea
de regalos para nós. ANIMÁDEOS A LER O NOSO RELATO EN INGLÉS, AHÍ CONTAMOS MÁIS
COUSAS !
É todo un privilexio poder contar cunha profe nativa durante todo un curso. Os nosos nenos son moi afortunados! Grazas :-)
ResponderEliminar