luns, 21 de decembro de 2015

MAPA COLABORATIVO. COMEZAMOS

Ao longo do Proxecto Documental imos ir traballando nun mapa colaborativo que nos faga ter outro punto de vista do traballo realizado...o da situación global no mapa de Galicia. Comezamos cos faros do 1º trimestre.



venres, 18 de decembro de 2015

AGASALLOS LECTORES PARA FELICITA-LO NADAL

Neste mes de Nadal, o mouchiño da biblioteca- "Libroucho"- bisbounos no ouvido unha idea xenial. ..Xa que nos gusta tanto escribir... Por que os nenos e nenas non creaban cadanseu minirelato e convertiámolo nun agasallo lector?. 
Dito e feito...pensamos deseños para as tarxetas, escribimos os nosos minirelatos e baixamos a colocalas na entrada do cole. Queriamos que estivese ben bonito para o o día que viñese o paxe a recoller as nosas cartas  dos Reis Magos. O caso foi que, como viñamos de  traballar no mural de Reilibro, en troques de compoñer coas tarxetas unha árbore de nadal saíunos...UN FARO!!
Quedou moi aqueladiño, ainda que estes fortes ventos varrérono da entrada do cole enseguidiña e agora as tarxetas están xa todas nas vosas casas. 
Foi algún de vos o destinatario deste agasallo lector? Abofé que sí








Como non cabían todas no faro,  os pequenos coas súas tarxetas encheron tódalas paredes que atoparon. En canto poidamos subiremos os minirelatos en galego e en inglés que compoñen estes particulares agasallos lectores.











REILIBRO XA TEN A SÚA INFORMACIÓN

Vimos de rematar na recta final do trimestre o noso mural colaborativo sobre "Os faros das Rías Baixas". Todos temos tomado nota da súa ubicación xeográfica e dos accidentes que se achan preto deles, para podelos colocar ben no noso mapa xigante da entrada do cole. Claro que ese traballiño deixámolo para a volta das vacacións!. 
Coido que Reilibro xa non vai ter ningún problema e voando de faro a faro enseguidiña estará de novo connosco na biblioteca.


Mural3anos

Mural4anos

Mural5anos

Mural1ºPrimaria

Mural2ºAPrimaria

Mural2ºBPrimaria

Mural3ºPrimaria

Mural4ºPrimaria



Mural 5ºPrimaria

Mural 6ºPrimaria


DESPEDIMOS OS XOVES DO PRIMEIRO TRIMESTRE














Despedimos os xoves ás portas do nadal cun conto de inverno Sueños de nieve, unha das mais recentes incorporacións aos fondos da biblio  contado a dúo pola Profe Pili e mais un moi novo axudante, un dos nosos alumnos de 2º de Primaria. O fotógrafo tamén foi desta volta un axudante da biblioteca, pero case non se nota...Ben polos nosos axudantes!!.

XOVES TRAS XOVES SEGUEN AS LECTURAS NA BIBLIO

Unha nova tandada de contos protagonizaron as lecturas destes ultimos  xoves do trimestre.

Xaime e as landras continuou a serie de lecturas sobre elementos da paisaxe galaica de outono. O proceso de medre dun carballo  retrata de xeito poético o paso do tempo na natureza e na propia vida humana. 












O xoves 26 de Novembro o conto estivo adicado á celebración do dia do rexeitamento da violencia de xénero. O segredo de Flora foi a lectura escollida para a ocasión.











A serie de contos con elementos do outono galaico continuou co O poliño da abeleira










Renato inaugurou os libros adicados ao inverno e mailo nadal