mércores, 23 de abril de 2014

DIA DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS

Por primeira vez este curso sumámonos a unha iniciativa que xa se leva facendo noutros coles dende hai varios anos. Nos días anteriores a esta cita tocou escoller libros axeitados para os nenos e nenas que nos ían escoitar e presentarse a eles nas diferentes aulas dos pequenos do cole. A responsabilidade de apadriñar tocoulle os cursos de 2º a 6º de Primaria. Todos preparáronse prestando moita atención a tódolos detalles. Os afillados e afillados agardaron entusiasmados, mesmo os mais pequeniños. Chegado o día os padriños e as madriñas espalláronse por todos os rincóns cos seus afillados e afilladas convertendo o Colexio nun espazo de fantasía e de maxia  onde  padriños e madriñas fixeron de estupendos contacontos mentres que os seus afillados e  afilladas prestaban a máxima atención.
O Colexio encheuse de moreas de historias, sorrisos, murmurios, miradas,............pero as imaxes falan por si soas.




luns, 21 de abril de 2014

ABRIL MES DOS LIBROS E MAIO MES DAS LETRAS GALEGAS

Abril estase indo paseniño e ven maio aí a fume de carozo... O mes dos libros cuxo día central estamos a piques de celebrar e Maio  xa co arrecendo das letras galegas en moitas webs e acontecementos culturais.
  Dende a biblioteca queremos contribuir ás dúas celebracións dando a coñecer pouquiño a pouco a obra de Xose María Díaz Castro na letra e na imaxe.
Imos ir pendurando no noso blog algúns dos seus poemas do libro Nimbos acompañados dos documentais feitos por varios autores dentro do Proxecto Nimbos.
Escomenzamos por este poema Ai Capitan que tristemente está tan de actualidade despois desta cadea de naufraxios que levamos.

Pode ser un bó recurso para traballar nas aulas, poesía, prensa e cine dunha mesma vez.

Chorar, chorar mentres o barco rompe
contra o solpor, na noite!
A túa pipa non verán meus ollos
fomegar máis;
nin o teu riso, para sempre inmenso
abrente na mar.
Lume che din, lume me queda. Cinza,
capitán!
Soia a sirea do teu barco
toda a eternidá.
Fume nos ollos, area fría
nas miñas maus.
E en boca que perdín, a longa pipa
fumando a miña vida, capitán.
Chorar, chorar,
como sempre choraron as mulleres,
ai capitán, con barcos ou sin eles!


XOVES DE AVENTURAS: IMOS Á SELVA

MISTERIO NA SELVA DE NGORONGON é o título do último conto lido nos xoves de aventuras antes de facer un pequeno descanso coas vacacións de Semana Santa. Lérono Jessica e Lena, nenas  de 6º de Primaria.
Unha nova xornada de lecer con libros. Velaiqui tedes as fotos.












domingo, 6 de abril de 2014

O MEU CORPO QUERE XOGAR

O pasado venres 4 de Abril na biblioteca recibimo-la visita doutra escritora: Alicia Borrás. Desta volta tocoulle aos nenos e nenas de 5 anos desfrutar  con ela vivindo o seu libro O meu corpo quere xogar libro que xa traballaron na clase nos días anteriores. 
Imos ver as fotos  da visita e tamén o precioso mural que xa tiñan preparado para a ocasión.

OUTRA DE PIRATAS

Vai de piratas. Vimos de desfrutar hai nadiña das aventuras piratas do libro de Ana Alonso e xa na biblioteca tocounos ler e escoitar outro conto de piratas. "Capitán Calabrote"é a tenra historia dun vello pirata. Candela e Ana de 6º de Primaria deron vida coa súa voz a este conto diante dun público que non falla a súa cita dos xoves.
Velaiquí as fotos















xoves, 3 de abril de 2014

NOVO MES, NOVA DESPEDIDA DE REINADO DO MOUCHO

Remata o mes de marzo e despedímonos de colorin,  a imaxe e o nome que lle deron a nosa mascota os nenos de 4 anos. Como era o mes do Entroido quixeron disfrazalo e quedou así de bonitiño.


No mural que temos nos corredores adicado a estas mudanzas os peques tamén nos explican como o fixeron.






NOVO XOVES DE AVENTURAS NA BIBLIOTECA

O xoves 20 de Marzo  hpubo unha nova sesión de contacontos na biblio.  Desta volta lemos o conto "A Historia dos bonobos con lentes".
Coma sempre aquí temos as fotos...







DE NOVO ANA ALONSO

Dous días despois, o venres 21 de Marzo,  Ana Alonso volveu o noso cole. Desta volta pra compartir o seu tempo cos maiores,  os nenos e nenas de 4º,  5º e 6º de Primaria.  Falou dos seus libros "El acertijo de la vida" e "Antes de medianoche" e e quixo tamén ollar os murais que sobre eles fixeramos no cole. 
Encantounos estar con ela.