sábado, 15 de marzo de 2014

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Celebramos o día da muller traballadora con dúas iniciativas especiais, ademais do traballado en cada aula. Por unha banda os nenos e nenas de 3º ciclo fixeron unha busca do tesouro que traemos ata aquí tal como nolo contaron no blogue "Fonte dos frades":

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NO TERCEIRO CICLO
O día 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller e no noso colexio decidimos facer no 3º ciclo unha búsqueda do tesouro. Queríamos que os nosos alumnos e alumnas coñeceran a importe labor dalgunhas mulleres. Decidimos coñecer mulleres de ONTE como Clara Campoamor, Concepción Arenal, Federica Montseny e Margarita Salas. E tamén mulleres de HOXE como Edurne Pasabán, Genma Mengual, Almudena Cid e Angela Pumariega. As mulleres de onte loitaron moito polos dereitos das mulleres e pola investigación e o estudio e as mulleres de hoxe son unhas grandes deportistas.
Co mapa do colexio, repartimos os grupos e tiveron que buscar as pistas indicadas. Cada pista atopada contabanos a labor de cada unha desas mulleres. Ao remate da búsqueda montamos toda a información atopada nun mural que colocamos na entrada do colexio.

Podémolo ver aqui



Por outra banda a xornada de animación á lectura do xoves 13 de marzo incluiu a lectura e animación do libro O PAIS DOS MANDÓNS con actividades de reflexión moi especiais e interesantes. 
Desta volta as fotos non lle fan xustiza ao éxito da sesión. É que hai días que fallan tódolos apoios!...
Aínda así aquí deixámosvos as facianas de estas pequenas mulleres e homes dispostas e dispostos a que se siga a celebrar este día moitos anos e non parar de reivindicar a igualdade.









Ningún comentario:

Publicar un comentario