O mércores, 19 de
marzo, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º recibimos unha visita marabillosa e moi
esperada, a da escritora de literatura infantil e xuvenil ANA ALONSO. Levabamos
tempo lendo unhas incribles historias de bosques encantados, fadas, trolls, meigas…
e tamén de piratas, loros e tripulacións un pouquiño especiais; así que
atoparnos cara a cara coa persoa que nos fixo imaxinar, soñar, rir e discutir
dos seus libros nas nosas aulas enchíanos de emoción.
Ana chegou e cun
gran sorriso falounos do seu soño de ser escritora dende que era nena, dos seus
medos e dúbidas cando escribía os seus poemas, de como durmiron moito tempo nun
caixón ata que se encheu de valor e os presentou a un concurso… A partires dese
momento decidiu facernos partícipes da súa enorme imaxinación e entusiasmo e xa
non deixou de publicar…
Comprendemos que
os soños poden chegar a cumprirse cando hai tesón e talento, unha lección que
cómpre non esquecer.