domingo, 27 de outubro de 2013

RECURSOS SAMAÍN,OUTONO E MAGOSTO

Como estamos de cheo traballando no Samaín, no Outono e no Magosto lémbrovos que na pestaña de RECURSOS PARA CELEBRACIÓNS hai unha pequena listaxe de recursos.
Hainos para tódolos gustos e necesidades.
Graciñas coma sempre a tódalas compañeiras e compañeiros de outros coles que se esforzan en facer estas compilacións.

RECURSOS PARA CELEBRACIÓNS

xoves, 24 de outubro de 2013

RECURSOS PARA DESENVOLVER A EXPRESION ORAL EN GALEGO

Enlazamos este interesante recurso para traballar o vocabulario básico en infantil en galego
APRENDENDO GALEGO DENDE BEBES

DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA

Vimos de engadir un novo recurso interesante na banda da esquerda para as nosas clases "de" e "en" galego. Trátase do Dicionario de pronuncia da lingua galega nunha nova versión  ampliada e mellorada que ofrece en liña o léxico galego contido no dicionario da RAG achegando as transcricións fonéticas e locucións correspondentes a unhas 68000 formas gravadas. Amais de incorporar as voces máis recentes do dicionario da RAG, o “Dicionario de pronuncia da lingua galega” recolle xa os 1000 nomes propios de persoa máis frecuentes, 1500 apelidos galegos e os nomes de todas as comarcas, concellos e parroquias de Galicia, así como varios centos de nomes de ríos, montes e accidentes costeiros. A aplicación informática  permite realizar as buscas por formas fonéticas ou por cadeas de sons.

http://ilg.usc.es/pronuncia.

luns, 14 de outubro de 2013

PRIMEIRAS NOVAS SOBRE A NOSA MASCOTA

Vimos de colocar no corredor o mural da nosa mascota da biblioteca  e xa temos as primeiras novas sobre ela. Os nenos e nenas de 5 anos B remataron xa o seu labor e o seu mouchiño está listo para inaugurar as súas estadías na biblio. Ollade o ben que o fixeron...













sábado, 12 de outubro de 2013

OCTUBRE DE CONTO

Chegou o mes de outubro e comezaron os contacontos na hora do recreo.


 Este mes e o de novembro están adicados a contos do mundo. A primeira sesión foi todo un éxito co conto Pequeño Sioux. Enseguidiña poñeremos as fotos para que o vexades.







APRENDEMOS A BUSCAR NA REDE

Dende a biblioteca do Ceip Milladoiro de Malpica e o IES Sanchez Cantón de Pontevedra as dúas profes responsables das mesmas achégannos este documento que nos vai vir moi ben agora que estamos comenzando o noso primeiro Proxecto Documental Integrado "oficial", xa que algúns pasiños xa tiñamos dado neste camiño en anos anteriores.
Este curso imos pescudar sobre os cultivos tradicionais de Galicia para facer a nosa propia achega á celebración durante o vindeiro ano 2014 do ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR.
Aquí volo deixo...

  APRENDENDO A BUSCAR NA REDE

E xa que estamos con estes temas das procuras na rede non esquezamos todos algúns consellos de seguridade

NAVEGA CON RUMBO

NAVEGANDO

Navegando navegando na procura de cousiñas interesantes para o noso traballo diario atopamos un novo portal de léxico en galego O PORTAL DAS PALABRAS que vimos de engadir na banda esquerda nos "recursos interesantes".
É unha iniciativa da Rag e da fundación Barrié que quere achegarnos un pouco mais á nosa lingua. Disfrutádeo.

PORTAL DAS PALABRAS

E para ir facendo boca co Samaín que se nos bota enriba imos ir consultando recursos para estas datas, algúns xa clásicos. Grazas unha vez mais a tódolos compañeiros e compañeiras que fan estas escolmas tan útis.

RECURSOS PARA SAMAÍN

xoves, 10 de outubro de 2013

ESTAMOS DE VOLTA

Aínda que vós non o notastes xa estamos de volta!. Xa vai para un mes, pero...,  que mes!, que de traballo en tódalas aulas!. Agora que semella que xa estamos no bó camiño, imos deixarnos ver un pouco mais aquí e nos corredores do cole.
 Inauguramos curso e PLAMBE Plan de Mellora da Biblioteca. A nosa biblioteca xa está en marcha e estamos "cociñando" á nosa mascota. Nos vindeiros días iredes vendo que boa pinta  ten. Que digo unha? Non serán varias? Deixarei que o descubrades...Namentras, déixovos este decálogo que atopei pola rede en "LIBROS UNICOS". Fala do que debe ser un libro infantil.
Boas lecturas!