sábado, 15 de xuño de 2019

ROTEIROS POLO PATRIMONIO DE SANTO ANDRÉ

Hai algún tempo os mouchiños pedíronlles ás familias unha nova tarefa...patexar os montes e os camiños de Santo André de Comesaña para localizar elementos do patrimonio natural e cultural do noso entorno. Querían conseguir que as familias tamén fosen quen de ollar o noso cole con outro punto de vista e ademáis celebrar o autor das Letras Galegas, Antón Fraguas, facendo o traballo que el tamén fixo.
Non foron moitas as familias que responderon as súas peticións, pero sí moi enriquecedores os traballos que nos mandaron. Tamén é certo que nesta primavera o tempo non acompañou.
Deixámosvos aquí os murais que temos polo de agora.










Ningún comentario:

Publicar un comentario