CURRUNCHOS DE VIMBIO PARA LER
A nosa biblio conta agora con dous magníficos recunchos de vimbio para ler e gozar nun espazo único. O mellor de todo é que foron feitos coas nosas propias mans.
Todo o cole, dende os máis pequenos ata os maiores do último curso, construíu de forma colaborativa dous currunchos ben especiais.
Esta práctica, ademais de ser un obradoiro no que todos puxemos esforzo e dedicación, permitiunos coñecer o vimbio e o tradicional oficio dos cesteiros e cesteiras.
Foi moi chulo descubrir como podiamos construír estes recunchos coa técnica que empregan os paxaros para facer os seus niños.