luns, 30 de marzo de 2020

LECTURAS CON VALORES

Para apoiar o labor das aulas de valores da nosa escola, deixámosvos aqui o conto para que o poidades ler os que non podedes vir agora a biblio a por el.

#quedonacasa

YO MATARÉ MONSTRUOS POR TI

BIBLIOCASA: FOMENTANDO A LECTURA INFANTIL

Vai comezar o mes de Abril, que é un mes moi "lector". Nel celebramos nas bibliotecas dúas efemérides moi importantes. 
A primeira delas chega xa. É o 2  de Abril, "Día internacional do libro infantil". Tal día coma este naceu Hans Cristian Andersen, un gran contador de contos.
Os mouchiños queren convidarvos a compartir con todos lecturas variadas e suxerencias lectoras.
Animádevos a participar!.
CÓMO?...Léde con atención esta mensaxe. 


martes, 24 de marzo de 2020

PRIMEIRO POEMA: UN CREATIVO AUDIOPOEMA

Xa temos a primeira resposta poética á actividades que propuxemos dende as casas
Adriana de 5º de Primaria envíanos o audio dun poema feito por ela cunha temática moi actual.
Desfrutádeo

poema de adriana

Para enviar en vídeo tedes que facelo a traves de wetranfer ou compartindo o vídeo no google drive.
Animádevos, poemas feitos or distintos autores ou inventados por vós. Estamos listos para ver e escoitar.

domingo, 22 de marzo de 2020

BIBLIOCASA: A LECTURA CONTINÚA

Semella que esta situación na que estamos a vivir, aínda está lonxe de rematar. Daquela queremos seguir aportando o noso graniño de area para que as familias poidades acceder a recursos diversos e teñades máis oportunidades de entretemento dentro do peche. Nos recursos hai tanto cousas para nenos como para adultos.

A lectura sempre é un bo refuxio. Deixámosvos aquí o acceso á plataforma de lectura virtual GaliciaLe. Se  rematastes a lectura que tedes na casa, non deixedes de apuntarvos a esta forma de lectura dixital en galego e castelán.

Tamén existen outros recursos que vos axudarán a pasa-lo tempo con películas en galego e castelán, teatro online e máis libros para descargar.

CINE ESPAÑOL








DIFERENTES PERO IGUAIS

Dende a biblio recollemos esta iniciativa para celebrar o Día da Síndrome de Down. Animádevos a participar. É importante visualizar este respecto ás diferencias. Iso intentamos no cole a cotío. Todos somos diferentes e precisamos que nos vexan igualmente válidos..



E xa que estamos imos recomendarvos lecturas dixitais sobre a inclusión.

"Pepita es especial" é un dos libros que temos no cole. Podédelo levar en préstamo cando volvamos...e, agora, imos presentarvos a Pepita.

venres, 20 de marzo de 2020

BIBLIOCASA: BIBLIOTECAS ESCOLARES ABERTAS TAMÉN EN BIBLIOCAMILO

Son e somos moitas as bibliotecas  que, dende a crise do coronavirus, decidimos non pechar as nosas portas...bueno, abrilas dun xeito virtual. 
Estamos a facer moitas propostas xa cos pequenos relacionadas cos proxectos en marcha e quixemos deixar pasar unha semaniña nos outros niveis para non agobiar. Todos tiñamos que adaptarnos a este xeito distinto de desenvolver os contidos e as propostas. 

Imos aproveitar a celebración mañá 21 de Marzo do Día da Poesía para lanzar as nosas propostas para nenos e familias. 

A estas alturas xa tódalas aulas teriamos preparados os nosos poemas para pendurar  nos corredores do cole. As vosas titoras ían empezar con este traballo cando nos chegou a nova do peche temporal. Daquela imos trasladarvos ás casas as nosas iniciativas, por se vos animades a participar.

Como? Procurade un poema enteiro ou uns versos do mesmo.  Tamén podedes inventar un poema vós sobre o tema que queirades. Lembrade que o planeta, os plásticos, os océanos, a viaxe dando a volta ao mundo ocupaban algunhas das nosas tarefas.
Cando o teñades...:
1/Ensaiade a lectura do poema (ou memorizádeo) e recitádeo. Gravádeo en audio ou vídeo recitándoo (os nenos sós ou en familia)  Podedes acompañar o recitado  disfrazándoos, poñéndolle efectos especiais, música,... Enviádenolo o enderezo que deixamos máis abaixo.

2/Se non vos atrevedes a recitar, podedes copiar o poema e decoralo. Tamén podedes penduralo nalgún lugar da casa, como iamos facer no cole, e  mandarnos, con calquera das dúas opcións, a foto. 


Nestes vencellos poderedes atopar algúns poemas. 
Tamén podedes recorrer á Rosalía ou outros poetas galegos.

https://fontedosfrades.blogspot.com/p/rosalia-de-castro.html

Deixamos tamén dous poemas de Ana María Fernández preparados polo Ceip Mestres Goldar



luns, 16 de marzo de 2020

TAREFAS ESCOLARES NA CUARENTENA

Para facer máis doado o acceso ás tarefas das distintas aulas temos un novo blog

 TAREFAS ESCOLARES NA CUARENTENA
 ao que podedes acceder dende este vencello

https://avistadeparroco.blogspot.com/

Tamén as podedes atopar nas pestanas laterais de cada curso na páxina web pero é posible que estea colapsada.

mércores, 4 de marzo de 2020

"PEQUENOS" GRANDES XESTOS

Para non esquecer que os pequenos xestos nos que estamos traballando son importantes, agora que imos embarcarnos no proxecto "RESIDUOS CERO NO PATIO"... escoitade con atención este relato promovido polo BBVA. Tamén é posible da-la volta ao mundo loitando polo planeta.



luns, 2 de marzo de 2020

XOVES LECTORES EN XANEIRO E FEBREIRO

De volta ao cole tralas vacacións de Nadal retomamos a nosa benquerida actividade Xoves lectores na hora do recreo.
Os contos que levamos lido nesta nova andaina son:
23 de xaneiro
Enfadados 4º





6ºA
Dian Fossey



conto 6 de febreiro
 Amelia Earhart




Xoves 13 febreiro .  6ºA
Perdidos
fotos aqui