venres, 20 de marzo de 2020

BIBLIOCASA: BIBLIOTECAS ESCOLARES ABERTAS TAMÉN EN BIBLIOCAMILO

Son e somos moitas as bibliotecas  que, dende a crise do coronavirus, decidimos non pechar as nosas portas...bueno, abrilas dun xeito virtual. 
Estamos a facer moitas propostas xa cos pequenos relacionadas cos proxectos en marcha e quixemos deixar pasar unha semaniña nos outros niveis para non agobiar. Todos tiñamos que adaptarnos a este xeito distinto de desenvolver os contidos e as propostas. 

Imos aproveitar a celebración mañá 21 de Marzo do Día da Poesía para lanzar as nosas propostas para nenos e familias. 

A estas alturas xa tódalas aulas teriamos preparados os nosos poemas para pendurar  nos corredores do cole. As vosas titoras ían empezar con este traballo cando nos chegou a nova do peche temporal. Daquela imos trasladarvos ás casas as nosas iniciativas, por se vos animades a participar.

Como? Procurade un poema enteiro ou uns versos do mesmo.  Tamén podedes inventar un poema vós sobre o tema que queirades. Lembrade que o planeta, os plásticos, os océanos, a viaxe dando a volta ao mundo ocupaban algunhas das nosas tarefas.
Cando o teñades...:
1/Ensaiade a lectura do poema (ou memorizádeo) e recitádeo. Gravádeo en audio ou vídeo recitándoo (os nenos sós ou en familia)  Podedes acompañar o recitado  disfrazándoos, poñéndolle efectos especiais, música,... Enviádenolo o enderezo que deixamos máis abaixo.

2/Se non vos atrevedes a recitar, podedes copiar o poema e decoralo. Tamén podedes penduralo nalgún lugar da casa, como iamos facer no cole, e  mandarnos, con calquera das dúas opcións, a foto. 


Nestes vencellos poderedes atopar algúns poemas. 
Tamén podedes recorrer á Rosalía ou outros poetas galegos.

https://fontedosfrades.blogspot.com/p/rosalia-de-castro.html

Deixamos tamén dous poemas de Ana María Fernández preparados polo Ceip Mestres Goldar



Ningún comentario:

Publicar un comentario