Cada cartafol viaxeiro que chegaba ás aulas incluía un traballo plástico que nos serviu para ir enchendo o mural de benvida ao proxecto que colocamos coma sempre ao pé das escaleiras grandes.
O remate do curso o mural quedou completo se non fose que nos quedou atrás o dinoseto!! Trabucámonos de lugar e o traballiño feito polos nenos e nenas de primeiro puxémolo no mural de nadal canda os seus amigos dinosauros. Pasado o tempo xa non lle apeteceu deixar sós os seus amigos!domingo, 1 de xullo de 2018
LEMBRANDO: OS OLLOS DO SEGUNDO TRIMESTRE
No segundo trimestre quedounos por vos ensinar o traballo dos murais- edificios que xirou en torno ao barquiño, ao polbo-Verne e a escultura da Fada e o Dragón. Aquí deixámosvos as fotos do traballo nas aulas que tamén están no blogue especial do PDI que enseguidiña aparecera enlazado na columna esquerda deste blog.
OS OLLOS DO BARQUIÑO
OS OLLOS DO POLBO
OS OLLOS DO BARQUIÑO
OS OLLOS DA FADA E O DRAGÓN
LEMBRANDO O SEGUNDO TRIMESTRE: OS BOLECHAS E AS MASCOTAS
Durante todo o curso os nenos e nenas de 4º A puxeron a súa ollada nun refuxio de Vigo adicado ao rescate de mascotas, dándonos a coñecer a chea de animaliños abandonados e susceptibles de adopción e animándonosao coidado responsable das nosas mascotas.
Dentro das actividades literarias que acompañaron este proxecto, estivo a lectura conxunta que lle fixeron os nenos de 5 anos no mes dos libros, aproveitando que viñan amosarnos as súas recomendacións lectoras para o proxecto "En abril libros mil. Préstamo entre familias". A quela mañá agasalláronnos con esta interesante lectura "Sultan non ten microchip" dos nosos amigos Os bolechas.
Agora que xa non estamos no cole podemos desfrutar tamén da mesma de xeito on line. Deixamos aquí a conto e os recursos que Pepe Carreiro autor dos libros preparou na súa páxina web.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)