luns, 12 de xuño de 2017

OS XOVES DE LECTURA NA BIBLIOTECA

Este curso por diferentes circunstancias non tivemos a tranquilidade e o tempo suficiente para ir dando conta puntual de todo o que fomos vivindo e facendo na biblioteca. Daquela ao empezar a facer reconto do feito (É tempo de "memorias") dámonos de conta que algunhas cousas quedaron sen publicar.
Unha delas foi a actividade dos Xoves de lectura. Habelos hóuboos, ainda que non aparecesen por aquí a tempo. Imos facer un repaso rápido das lecturas que puidemos desfrutar e dos seus "lectores".

No primeiro trimestre Irene e Inés de 5º de Primaria foron as primeiras en comezar e contáronnos "O monstro de cores"



Seguíronlle Ariadna  e Ainhoa que  leron  "Inés del revés"


Hugo Antón e Oscar "Cocorico"



"Baixa Gata". Carla e Thalía de 4º



                                                             Javi e Mariam de 5º "Petra"


                                               Bruno e dani de 5º "Carabuñas"

                                               Alex, e David de 5º "A filla do grúfalo"


                                       Silvia, Mariama e Estela "Corre, corre, cabaciña"

                                                Lucía e Noemi de 4º "Cuando un elefante se enamora"

                                            Águeda e Naomi de 4º "Filbert el diablillo bueno"

                                               Zaira e Sheila de 4º  "Son un coello"

                                            Alex e Lucas de 4º "Onde estás caracol"

                                                Ainhoa e Carla de 6º "O segredo do bosque"

                                               Meli e Roi de 6º "Mamá, ti sí que me entendes"

                                         
                                          Merchi, Nahir e Irea de 6º "Picurruchos"



                                Noelia e Leylen de 6º "Los fantásticos libros del Sr Morris"


                                                         Nenas de 3º "Este é  Toribio"

                                            Nenos de 3º "El yayo es ...el yayo"


                                                 Nenas de 3º ¡Que perro más raro!"




UN ESTUPENDO PUNTO FINAL AO TRABALLO EN 1º

Os nenos e nenas de 1º que pasaron todo o curso traballando na súa parte do Proxecto, na área de Tui no baixo miño decidiron coñecer de primeira man todo o pescudado visitando agora na fin do curso o Parque natural do MOnte Aloia. Polo que nos contaron a viaxe pagou a pena. Os libros e o material dixital son unha boa fonte de información na que temos que aprender a desenvolvernos, pero nada mellor que as vivencias de primeira man.

OS RELATOS DAS FAMILIAS

Quedábanos tamén por amosarvos o mural feito coas vosas aportacións en forma de relato. Os mouchiños pediron hai tempo relatos e collages baixo o epígrafe de "Adopta un río: As miñas vacacións no río". Tratábase de falar das experiencias das familias nos seus ríos mais cercanos ou noutros ata os que viaxaron... e foron moitas ás que nos fixeron chegar o seus relatos e presentación que se sumaron a tódalas que xa mandastes en outono. Graciñas a todos e todas.!



TEATRO NO FESTIVAL

Aínda que moitos vivistes en directo a estrea das nosas adaptacións das obras de Carlos Casares, non puideramos ata agora dar conta delo aos que non nos acompañastes no festival. Aquí tedes algunhas fotos das dúas representacións. Os nenos e nenas de todo o cole tivemos uns pases especiais para desfrutar co bo facer dos nosos compañeiros.

5º de Primaria representou a obra O principiño dirixidos pola profe Rosa e coa adaptación dun antigo alumno do centro. Fixérono moi ben.!

4º de primaria atreveuse co teatro negro, representando con esta técnica "A galiña azul". Fixeron as figuras e coordináronse moi ben na representación.
Noraboa a todos!

QUE SABEMOS DO MIÑO E DOS RÍOS

Como remate do noso proxecto imos  facer un pouquiño de memoria; ademáis de entreternos lendo a información que todos puxemos no mural do noso río.
Estas presentacións, unha delas feita polo IES Asorey e a outra por Mon Daporta e Adela Leiro recolle  moitas das cousas que temos traballado ao longo deste curso. Imos ollalas e a ver se somos quen de responder unhas poucas preguntiñas!. Cando as teñades levade as vosas respostas á biblioteca.

O RIO MIÑO. IES ASOREY.

O RÍO MIÑO. MONADELA