domingo, 29 de maio de 2016

MURAIS DO TERCEIRO TRIMESTRE

Xa hai  dúas semanas que rematamos o traballo para Metalmoucho, pero con tantos acontecementos non puidemos amosárvolo.. Os murais xa  nos contan todo o que hai que saber dende as escaleiras que suben ao segundo andar. Tódalas incógnitas xa se despexaron...., pero se non podedes velo en directo, agardade un chisquiño que ainda estamos a preparar a información para subila aos blogues Algunhas cousas xa as podedes ver no blogue do Proxecto (na banda esquerda) aínda que non está todo o que vos queremos amosar. Xa vos demos tamén un adianto no Xornal Don Moucho, adicado de xeito monográfico ao noso PDI.

ITINERARIOS LECTORES. "A MARES".

 



Rematou a sua andaina polos cursos de Primaria o libro colaborativo viaxeiro "a mares". Recala agora nos portos de infantil. Seguro que a tódolos cativos encántalle o traballo dos seus compañeiros. Seremos quen a superalos?















luns, 16 de maio de 2016

UN "MAIO" DE FARO

Impresionante o maio que prepararon os pais da ANPA para a festa dos maios, mágoa que o tempo non acompañou, pero a nós lúcenos moito estoutro faro diferente.





sábado, 14 de maio de 2016

O TRABALLO SOBRE MANUEL MARÍA

Ademais da enchente de poemas que deixamos esparexidos por tódolos recunchos do cole, tódalas aulas botámonos con entusiasmo a traballar na figura de Manuel María. Queriamos agradecerlle que nos adicara os nenos e nenas dous volumes de poemas que fixeron as ledicias de todos nas distintas aulas:
"Os soños na gaiola" e "Nas rúas do vento ceibe"




O balbordo está semana foi continuo nos corredores; nenos e nenas que subían e baixaban lendo a información de Manuel María; que escribían nas escaleiras para completar as actividades propostas en cada aula; que pintaban un mural coa figura do poeta; que respondían a súa chamada para facer unha procura de poemas a partir dunhas imaxes que nos deixara nun misterioso peto deste mural; que compoñían un fermoso mural  con estas imaxes e poemas  na planta baixa; que escollían entre todos a palabra mais fermosa ou mais significativa; que se xuntaban na biblioteca para elaborar unhas fermosas flores-poemas,...un montón de traballo,  moito do cal non coubo nas paredes e levarémolo gardadiño nas nosas carpetas e libretas.


LETRUCHA. DIA DA POESÍA E MANUEL MARÍA

Hai tempo, alá no mes de marzo, cando tocaba celebrar o Día da Poesía, a nosa mascota letrucha estaba moi preocupada. O día cadraba coas vacacións de Semana Santa e os nenos non ían ter tempo de desfrutar facendo e lendo poesías. 
Daquela ocorrríuselle unha idea xenial. Por que non xuntar a celebración dese día co de Manuel María, poeta de recoñecido prestixio a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas?. Ademáis -pensou- se o celebramos no mes de Maio será un gusto sair o patio e enchelo de poemas variados... os nosos, os de Manuel, os de outros poetas. 
Dito e feito preparou unha invitación para tódalas aulas e deixou que todos traballasemos e compuxesemos os nosos versos. 





Cando chegou a hora da verdade, atopámonos que o sol prometido non apareceu e para que non se mollaran tódalas cousiñas que fixeramos decidimos invadir o cole cos nosos traballos. 
Ao final algúns dos mais pequenos atrevéronse co traballo de rimar, pero case todos decicimos desfrutar das fermosas poesías do autor galego homenaxeado, quen nos ofreceu unha ollada distinta da Galicia coa que levamos traballando todo o curso no noso proxecto documental. Agora podedes desfrutar coas fotos da invasión de poemas. Hainos de tódolos tamaños e formas e podedes ollalos nos recunchos mais inesperados. 



venres, 13 de maio de 2016

MAIS XOVES DE LECTURA

Os xoves de lectura na biblioteca seguen cos  nenos e nenas de 2º lendo os seus contos aos compañeiros que se achegan ata ela.
"Greta Gruñosauria" foi un dos últimos  títulos lidos. 

Deixámosvos as fotos coma sempre.





















"Mariquiña, A carteira andoriña" inicia un novo ciclo de lecturas arredor do Proxecto Documental. Neste e nos vindeiros contos os carteiros van levarnos de viaxe por distintas zonas de Galicia, algunhas das cales seguro que  se nos farán moi familiares.

Veleiqui as fotos.




















xoves, 12 de maio de 2016

OUTRA LECTURA DE MULLERES QUE QUEDOU ATRÁS

Tiveramos algún problemiña coas fotos das lecturas sobre mulleres, pero por fin xa vos podemos amosar as que faltaban. 
"Audrey Hepburn" completou a serie contada co gallo do Día da muller traballadora. Foron, as que viñeron á nosa biblioteca, mulleres especiales polo que fixeron no seu tempo. Non foron as únicas, pero elas coma outras tantas deixaron un ronsel tras do que moitas outras continuaron camiño.