mércores, 25 de febreiro de 2015

ROSALÍA CANTADA POLOS NENOS DE 1ºA

O Día de Rosalía, martes 24 de febreiro, os nenos e nenas de 1ºA quixeron facer a súa particular homenaxe á Rosalía de Castro. Daquela presentáronse na biblioteca  e recitaron un dos poemas da autora, un que ten moito que ver coa parte do noso proxecto documental na que estan a traballar... "Alborada". 







Mágoa que non poidesemos gravar o sonido porque deu gusto escoitalos acompañados do son da pandeireta da profe Bea Ramilo.

O mércores  os de infantil tamén quixeron escoitar aos compañeiros e cun público entregado os nenos e nenas de 1ºA repetiron o seu recitado e volveron facelo moi ben. Démoslles un grande aplauso.











DESPOIS DO ENTROIDO NOVO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

CUERO NEGRO, VACA BLANCA é o título do conto que a volta das vacación de entroido tiñan preparado para nós Sheila e Lara de 5º e Primaria. Aquí temos as fotos 














luns, 23 de febreiro de 2015

JOHNBOOK E ROSALÍA

O mouchiño de Febreiro, Johnbook, quixo agardar ata final de mes para comunicar a súa lumiidea do mes. E fíxoo para sumarse á celebración do Dia de Rosalía nas Bibliotecas escolares agasallando ós nenos e nenas cun pequeno libriño no que recompilou algúns dos poemas nos que Rosalía fala da luz. A luz como alegría -nas alboradas e nas noites de luar- e tamén como pena, na oscuridade das sombras que tanto pasean polos seus versos.
O libro chegará ás bibliotecas de aula mañá 24 de febreiro. Antes diso Johnbook comentounos o seu desexo de que nos esforcemos en recomendar aos compañeiros os libros que mais nos gustan. A ver se moitos lle fan caso e enchen o mural que temos preparado.



 

sábado, 21 de febreiro de 2015

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Nas vésperas do Día de Rosalía de Castro- ainda non institucionalizado, moitas Bibliotecas Escolares celebran actos e traballan arredor desta muller e poeta galega. Nós a proposta en en coordinación co noso equipo de dinamización lingüística sumámonos a esta celebración estreando unha nova pestaña  na parte superior do blogue con material específico para traballar arredor desta nosa poetisa. Pouco a pouco contarémosvos o que vaiamos facendo a partir do martes 24 con actividades dentro e fora da biblioteca que pretendemos alongar ata a celebración no mes de Marzo do Día da Poesía. Coido que para entón o noso lumimoucho do mes xa ten unha nova e poética proposta preparada.

luns, 16 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015. FESTA RACHADA E CREACIÓN LITERARIA

Dende a biblioteca e no marco do Plambe estamos na teima de abondar na creación literaria dos nosos nenos e nenas, promovendo a construcción de diferentes tipos de textos ao longo do curso. No entroido continuamos a traballar neste obxectivo coa confección das "Coplas" e "O Testamento" do noso meco Lucerín. 
Este traballo creativo xa é unha tradición no cole, moi anterior ao desenvolvemento do Plambe e  nona queremos perder. Unha vez mais vai vencellado a un proxecto global -"As viaxes da Luz"-  que axuda a dar significado a todo o que traballamos. 
Deixámosvos aquí todo o que foi o noso Entroido... a troula, a festa rachada -como ten que ser- e traballo educativo arredor da luz, reflectido tanto na creación literaria feita polos alumnos de 5º e 6º de Primaria como o traballo documental que se agocha detrás de cada disfrace.
 Un ano mais conseguímolo...educámonos e disfrutamos e vos puidestes vernos...bueno, cáseque polos pelos! Como non se escoitaba nada polas malas condicións acústicas do patio (no que nos tivemos que resgardar do mal tempo) deixámosvos  aqui o texto de toda a presentación do entroido. 

FOTOS  DA TROULA (XOGOS DE LUZ)


PRESENTACIÓN DO ENTROIDO 2015

FOTOS DO ENTROIDO



domingo, 15 de febreiro de 2015

OS SETE CABRITOS

Un xoves mais na hora do recreo xuntámonos -algúns coas trangalladas da troula ainda vestidas- para desfrutar dunha nova sesión de contos.
Os sete cabritos foi o conto elixido. Contárono Dunia e Lucía de 5º de Primaria. Estas son as fotos da sesión.













xoves, 12 de febreiro de 2015

LUCERÍN MANDA NO NOSO ENTROIDO.

Iniciouse un ano mais a Semana da Troula coa "entronización" do noso meco. Como este curso traballamos arredor da luz a cousa estaba cantada. Lucerín é a mascota elixida. E... quen é Lucerín? Un fermoso bebé- bombilla de baixo consumo que simboliza que a loita por conseguir un mundo mais sostible -tamén no eido da luz e a electricidade- ainda está en cueiros e que todos temos o deber de coidar esas pequenas iniciativas que vaian axudando a mellorar a calidade de vida no planeta. 
O primeiro que fixo Lucerín foi deixar claros os mandados para esta semana e abofé que todos os nenos e nenas do cole cumpriron ben os seus desexos...en canto estean preparadas tódalas fotos verédelo.







venres, 6 de febreiro de 2015

DERRADEIRO XOVES DE PAZ

No derradeiro Xoves adicado á lecturas de paz foi o conto A POMBA DONA PAZ o que ocupou á sesión de lectura. Jasmine e Nerea foron as nenas de 6º de Primaria encargadas de lelo.











luns, 2 de febreiro de 2015

A MALETA VIAXEIRA CHEGA A INFANTIL

Por fin, tras meses de espera chega a infantil a maleta viaxeira de "títulos matemáticos" que comezara a súa viaxe alá polo mes de novembro promocionada polo noso amigo Reilibro. 
Empezou a última parte da súa viaxe na clase de 4 anos. Os nenos e nenas desta aula levan desfrutando toda a semana pasada da mesma e xa se despiden con moita  pena das lecturas que lles aconsellou o mouchiño. Cando os libros volvan á biblioteca estou segura de que todos quereran levalos en préstamo para as casas.














CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ



O traballo que estivemos a facer durante estes días para Copo, o mouchiño de Xaneiro, reflectímolo no noso mural da Paz que luciú durante unhas horas coas luces acesas para simbolizar esa luz de esperanza coa que quixemos agasallar a tódolos nenos e nenas que non teñen medios para unha escola digna e de calidade... a algúns -como nos ensinou Copo- mesmo lle falta a luz!.
Cada aula decorou un brazo co que botábamos a voar os nosos desexos para un mundo mellor, mesmo no eido da escola.

Malala Yousafzai foi o outro eixo de traballo. A nena a quen lle deron o Premio Nobel da Paz por defender cáseque coa súa propia vida o dereito das nenas a recibir unha educación e acudir á escola. Dereito que temos que ter tódolos nenos e nenas do planeta. O segundo mural que enche a nosa entrada acolle algunhas das impresionantes e sinxelas frases que Malala ten pronunciado sobre este dereito.




Despois do traballo xuntámonos todos para compartir durante un tempo cancións e mensaxes de paz. Unha canción en inglés interpretada polos alumnos de 5º e 6º e unha canción en galego cantada polos nenos e nenas  de 1ºA acompañados polos nenos de 4 anos. Despois de ler cada clase a súa mensaxe de paz, intercambiamos  os globos que  un a un foramos enchendo nas aulas cos nosos desexos. Agora só toca agardar a que estoupen para descubrir a "sorpresa" que se agocha no seu interior.