domingo, 23 de febreiro de 2014

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Para facer boca neste entroido que xa está as portas deixamos AQUI recursos variados recopilados polos compañeiros do Recanto de Mik e AQUI  pola coordinadora galega de ENDL
Este luns comeza a Semana da Troula cos mandados que xa todos temos nas nosas casas. Nada mais chegar  ó cole coñeceremos o Meco deste ano, o maior inimigo dos cultivos ecolóxicos e continuaremos a traballar nos nosos disfraces. 
Veña a desfrutar do Entroido e... non esquezamos ler e pescudar sobre esta importante celebración galega.

DE ROSALIA A DIAZ DE CASTRO

Cartel A Lus do mundo



Comeza unha longa andaina para dar a coñecer o noso homenaxeado deste ano no Dia das Letras Galegas. A poesía centra o interese cultural este curso coa lembranza de Rosalía e o redescubremento da figura de Xose María Díaz Castro.
Comezamos cunha curta feita polos alumnos do IES Poeta Díaz Castro en Guitiriz


A LUS DO MUNDO

21 DE FEBREIRO DIA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. PESCUDAMOS EN GALEGO

Vense de celebrar o pasado venres o Dia internacional da Lingua materna promovido pola Unesco para promove-la transmisión interxeracional das linguas locais. Galicia súmase dende hai varios anos a esta celebración e a consellería pon ó noso dispor unha web con información ao respeito.

A mensaxe do Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divulgación científica. E ahí estamos nós traballando e pescudando en galego. Este ano xa o sabedes o noso proxecto documental integrado está centrado en Galicia. Non só a través do emprego da nosa lingua senón nas peculiaridades agroalimentarias da Galicia tradicional. O traballo nas aulas xa está tomando forma, ainda que non o reflectimos ata agora neste blog. Agora que se vai achegando a primavera veredes como vai agromando o labor silandeiro que se está a  facer nas aulas dende os primeiros días do curso.

PERDIDOS NA BIBLIOTECA

Tranquilos¡... o título desta entrada é só un pequeno xogo de palabras. "Perdido" é o primeiro contacontos dunha nova tempada de  conto lidos polos maiores do cole na biblioteca. "Xoves de aventuras" iniciouse o xoves 13 de febreiro coa lectura deste precioso conto. Lérono Alex e Antía de 5º de Primaria. A lectura estivo acompañada tamén dunha pequena curta. Aqui vos deixo as fotos e mailo enlace da curta.









CURTA

domingo, 16 de febreiro de 2014

DERRADEIRO XOVES TROTAMUNDEIRO

O xoves 6 de febreiro rematamos na biblioteca a serie de lecturas adicadas á Raíña Trotamundos. Desta volta estivemos na China e leron o conto Sara  e Candela de 6ºde Primaria. Tamén se proxectou  ó mesmo que nas outras lecturas da serie un pequeno powerpoint sobre a vida na China.








PRESENTACION POWERPOINT

NOVAS CURTAS POLA PAZ

O pasado martes 4 de febreiro tivemos nova sesión de curtas pola paz na biblioteca, con gran éxito de público. 

Proxectáronse:
 -La tortuga y la liebre.
-El flautista de Hamelín.








xoves, 6 de febreiro de 2014

O MOUCHIÑO DE XANEIRO DESPÍDESE

Rematado o mes de Xaneiro vimos de despedir ó mouchiño Copo que nos acompañou na bilioteca durante todo o mes. Non queremos dar fin ó seu reinado sen que coñezades todo o traballo que fixeron os nenos e nenas de 2º de Primaria para que lles quedara así de bonito. Tamén podemos desfrutar dos poemas que con moito esforzo lle adicaron.


Eles mesmos cóntanolo AQUÍ














sábado, 1 de febreiro de 2014

DIA DA PAZ COMPARTIDO E NOVO CONTACONTOS NO RECREO

O xoves 30 de Xaneiro foi un día moi completo. Primeiro tivemos a oportunidade de asistir á presentación dun powerpoint sobre Nelson Mandela, lido e explicado polos nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria.


Despois completamos o mural que fomos construindo entre todos ao longo da semana coas nosas pombas da paz.





 Na hora do recreo nova sesión da Raíña Trotamundos a cargo de Emmanuel e Cándido coa lectura de LA REINA TROTAMUNDOS EN ECUADOR e a correspondente presentación dixital.














CINE DA PAZ

Ademais das  outras cousiñas programadas na semana da paz -que de seguido vos contaremos- o martes  28  iniciamos a primeira das dúas sesión de "cortos pola paz" coa que pretendemos que a reflexión sobre a paz vaia da man da canle coa  a que mellor se relacionan os nenos nestas idades, a canle audiovisual. Nesta primeira sesión proxectaronse tres curtas de fábulas de disney:

-Ferdinando el Toro.
-Lambert, el león.
-Los tres cerditos.


Tamén os nenos de infantil desfrutaron, ainda que nunha sesión aparte -da que non temos fotos- das mesmas curtas, que tiveron moito éxito entre os cativos.
   a ver que nos ofrecen na vindeira sesión¡














UNHA NOVA LECTURA DA "REINA TROTAMUNDOS"

O xoves 23 de xaneiro tivo lugar a segunda sesión dos xoves da  raíña Trotamundos. Desta volta  foron Mamor e Mario da clase de 5º de Primaria os encargados de le-lo conto LA REINA TROTAMUNDOS EN RUSIA co apoio dunha nova presentación dixital, que tamén vos deixamos aquí.