xoves, 29 de novembro de 2012

30 DE NOVEMBRO.DIA DAS LIBRERIAS


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a distribuir ás librerías, con motivo da celebración do Día das Librerías,  o Calendario do Libro e da Lectura 2013, unha lámina coas datas conmemorativas do ano que vén arredor dos libros. Esta celebración é anual e coincide co ultimo día dos mes de novembro.
Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia quere contribuír- segundo aclara na sua web- á difusión das principais efemérides relacionadas coa lectura e animar, ao mesmo tempo, á planificación de actuacións que promovan o interese polos libros e as nosas letras.
Nos deixamos aquí este calendario que nos pode servir de guía no noso traballo escolar, ademais dun listado cos futuros acontecementos destacados.

XANEIRO:   Centenario de Francisco Fernández del Riego, un dos principais promotores da escrita e edición de textos de autores galegos durante o franquismo desde a editorial Galaxia. 
FEBREIRO:  150 anos do nacemento de Manuel Lugrís Freire D, presidente da Real Academia Galega, .
MARZO:       Día Internacional da Poesía e o Día Mundial do Teatro
ABRIL           Día do libro e do libro infantil e xuvenil
MAIO            Día das Letras Galegas, data coincidente coa publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de castro, da que en 2013 se cumprirán 150 anos.O día está adicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
XULLO  50.º aniversario do pasamento do escritor Gonzalo López Abente.
No segundo semestre  Día Internacional dos Arquivos, 
                                   Día Internacional da Tradución, 
                                   Día da Biblioteca ou o propio 
                                   Día das Librerías,
DECEMBRO.  Día da Edición coincidindo co aniversario do nacemento do editor Ánxel Casal.

ENLACES PARA TRABALLAR A IGUALDADE DE XÉNERO


Deixamos aqui mais recursos literarios e didácticos para traballar a non discriminación nas nosas aulas

GUIA DE LECTURAS NON DISCRIMINATORIAS

RECURSOS PARA A IGUALDADE Escolma feita polos profes do cole Mestres Goldar

ENLACES PARA TRABALLAR OS DEREITOS DO NENO

Das nosas compañeiras e compañeiros do cole Mestres Goldar tomamos este recopilatorio de recursos para traballar estes días todo o relacionado cos dereitos da infancia e a igualdade. Graciñas polo voso traballo, esperamos pronto poder nós aportar recursos e enlaces para compartir con todos.

Recursos para os dereitos da infancia

xoves, 22 de novembro de 2012

LECTURAS PARA A IGUALDADE

Imos de conmemoración en conmemoración e daquela dímosvos que o 25 de Novembro e o día Internacional para a eliminación da violencia de xénero.
Nos xa nos estamos a poñe-las pilas e estamos a participar varios niveis do cole nuns obradoiros de igualdade dos que xa vos iremos dando conta.
De momento deixamosvos somentes unhas lecturas apropiadas para ir traballando o tema.

De novo a edtorial OQO achéganos estes contos para traballar xa desde idades ben temperás.
 OQO é consciente de que un dos xeitos de erradicar esta lacra
é insistir nunha educación baseada na igualdade e no respecto ao outro,
desde idades moi temperás, coma o fan estes contos:

Colección O (3 a 7 anos)








 







Colección Q (8 a 12 anos)





Tamén un grupo de mestres de pontevedra coa colaboura dun inspector territorial de educación está recopilando materiais e recursos neste novo blog

www.educandoenigualdade.wordpress.com

LECTURAS PARA A ESPERTAR CONCIENCIAS

O 20 de novembro celebrouse o 23 aniversario da convención dos dereitos da infancia. Por mor disto a editorial OCO achéganos catro lecturas imprescindibles para espertar conciencias sobre a situación dos nenos nalgunhas partes do mundo. Invitámosvos a botarlles unha ollada.
 

+de 12 anos

 




 


luns, 12 de novembro de 2012

EDUCACION DOCUMENTAL: XOGOS POPULARES GALEGOS

Ven de pasar o día de San Martiño, día tradicional dos Magostos. Nós fomos puntuais á cita e celebrámolo no cole o venres, antes de que a chuvia nos mollara as castañas, E fixémolo disfrutando  todos xuntos cunha rolda de xogos populares.  Antes de que pase mais tempo invitámosvos a pescudar nos xogos populares galegos que tamén a consellería quere promocionar co seu convenio coa asociación brinquedia.
Na súa web atopamos  unhas interesantes actividades para recupera-los trompos.


http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2012/10/actividades-peon-2012.pdf

Navegade no pdf ata atopar como facer trompos ou peóns sinxeliños cun lápiz e plastilina. Sería unha maneira de atrevernos cunha actividade que está vencellada coa ciencia.

No outro pdf  que ven de seguido atopamos ligazons de educación documental.

http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2012/10/ligazons-de-interese.pdf

Tamén temos atopado no repositorio abalar unha interesante webquest para aprender todo arredor do SanMartiño. Animádevos.




Como non é tarde ainda para profundar na historia do magosto non deixedes de consultar os recursos que vos deixamos na páxina de educación documental

mércores, 7 de novembro de 2012

PEIXIÑOS LECTORES: LECTURAS PARA O MAGOSTO

Como nós aínda estamos empezando e mentres non colocamos mais libros relacionados co magosto no noso expositor, tomamos prestada esta escolma da biblioteca Atlas dos Soños do Ceip 6 de Nadal. ¡Graciñas pola vosa aportación!.
 Ollade tamén os recursos que enlazamos para estes tempos de outono, samaín e magosto na pestaña de educación documental.

COLLEITA DE LECTURAS 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Segundo lemos no blogue de política lingüística no ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e, nomeadamente, na erradicación da pobreza e a prol da seguridade humana. Tamén persegue unha maior conciencia social da importancia da ciencia e reducir a fenda existente entre a ciencia e a sociedade.
Logo diso e dende hai tres anos en Galicia tamén adoita ser novembro un mes adicado a vivi-la ciencia en galego.
Deixamos aquí estes recursos que nos propoñen dende á xunta e enlaces a coles de primaria que xa están a celebrar cientificamente este mes. Nós celebraremos mais cara a mediado de curso unha semana da ciencia na biblioteca propondo lecturas e recursos interesantes para a nosa formación documental, pero mentres tanto imos abrindo boca...

OUTONO DE CIENCIA

BIBLIOCERVO

A CIENCIA EN GALEGO EN EDU INFANTIL

CEIP FRIAN TEIS