-O protocolo xa está concluído e os cursos xa están a traballar na súa presentación.
-Os mouchiños xa lanzaron as primeiras iniciativas relacionadas co Samaín e o Monstro Coronavirus.
-As mochilas de lectura e maila maleta viaxeira están xa facendo o seu percorrido dedicadas ao Día das Escritoras, a creatividade e o medo.
-A hora de ler funciona dende o primeiro día de curso.
-O préstamo está en marcha en moitas aulas ou a piques de comezar nas outras.
-O libro do mes, Os medos do rato pequeno, está á espera de lectores. Xeografías Lectoras fai unha parada este mes nas xeografías emocionais (e o medo é unha das emocións máis fondas... e unha moi acaída nesta época do ano!). Imos navegar nos medos para poder ir alén deles sen que nos deixen paralizados, senón dispostos a seguir avanzando (sempre con prudencia) malia os riscos.
-A celebración do centenario de Gianni Rodari toma a súa primeira forma: a do Binomio Fantástico.
- O noso PDI anual Dándolle unha volta ao planeta II: As cores de Asia. Ananos e xigantes, que se centra este ano na saúde e no mundo asiático a través dos ollos de "ananos e xigantes" (o anano coronavirus o primeiro) comezou tamén a súa andaina.
- As familias xa teñen a primeira invitación a participar canda nós na vindeira celebración do Samaín.