venres, 21 de febreiro de 2020
venres, 14 de febreiro de 2020
MIGALLAS E CHARO PITA POLA IGUALDADE
Dentro das actividades que programamos para traballar a igualdade tivemos este curso a sorte de gozar con dúas actuacións externas.
A primeira foi á do grupo Migallas e o seu espectáculo "Elas pintan moito". Visitáronnos días antes do Nadal e actuaron diante de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º A e B. Non era a primeira vez que viñan ao cole e aprendemos con elas moitas cousiñas sobre algunhas importantes mulleres.
Para uns días despois estaban programados os contacontos de Charo Pita que houbo que pospoñer por un pequeno problema.
Á volta das vacacións este pasado 3 de febreiro tivemos a dita de escoitar e desfrutar cos contos e a animación que deles fixo esta contacontos e escritora que dende unha ollada infantil achegounos á problematica da igualdade entre os xéneros.
Desta volta foron dúas sesións as que fixo no cole. A primeira cos nenos de 5 anos , 1º e 2º de primaria; a outra cos pequechos de 3 anos e de 4 anos.
Aquí tedes as fotos de ámbalas dúas sesións

luns, 3 de febreiro de 2020
TEATRO EN INGLÉS
"Alice en Wonderland" foi a experiencia teatral que tiveron en inglés os maiores de 5º e 6º de Primaria. Deixamos o vencello ao blog de fontes dos frades onde nolo explican.
ALICE IN WONDERLAND
ALICE IN WONDERLAND
sábado, 1 de febreiro de 2020
UN EXPERIMENTO NOVO: ESCRITURA CON LIMÓN. 4º DE PRIMARIA
Escribir con limón foi o experimento que Xián e Diana de 4º de Primaria nos amosaron nesta nova sesión científica. Tiñan todo preparado para que non tivesemos que agardar polo resultado e poidesemos ver como se desenvolvía todo o proceso.
Velaiquí téde-lo video.
Velaiquí téde-lo video.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)