Celebramos este ano os 50 anos do noso cole, pero tamén os 50 da chegada do home á lúa. Daquela é a lúa o noso destino neste entroido aniversario. O Meco mandarica deste ano é unha nave espacial coa que pretendemos chegar a celebrar outros tantos anos, pero por se para entón xa non habitamos o planeta terra ( xa se sabe,,,contaminación do aire, das aguas, lixo por todo o planeta, calentamento global...) imos abrindo camiño cara o noso satélite. A ver se alá aprendemos a coidar máis e mellor do que temos!.
Para empezar imos cumplir cos mandados do "Apoloscen":
LUNS...................UNHA MÁSCARA......... (PARA PODER RESPIRAR)
MARTES..............UN SOMBREIRO ESPACIAL...... (A FALTA DE CASCO...)
MÉRCORES.........UN BANDERÍN.................... (SE OS AMERICANOS CHANTARON A SÚA BANDEIRA NÓS TAMÉN)
XOVES.................UNHA LÚA PINTADA NA CARA....(CANDO SAIMOS DA CASA TEMOS QUE IR BEN ENFEITADIÑOS)
luns, 25 de febreiro de 2019
luns, 11 de febreiro de 2019
COMEZO OFICIAL DA CELEBRACIÓN DO NOSO ANIVERSARIO
Nesta mañanciña de sol deste luns 11 de Febreiro demos comezo “oficialmente” ás
celebracións do 50 aniversario do cole.
O noso alcalde, a concelleira de educación, o delegado territorial da Consellería,
o noso inspector -e o que tivemos en
anos pasados-, representantes da ampa, da agrupación de montes, Anxo Rodríguez, o autor do
libro de toponimia sobre Santo André de Comesaña... un nutrido grupo de persoas
que nos quixeron acompañar nesta data. A nosa directora, o delegado
da Xunta e o alcalde pronunciaron unhas palabras que nos serviron para decatarnos
da importancia deste aniversario e o camiño que leva percorrido o noso centro nestes
anos nos que moitos de nós ainda non andabamos na escola.
O certo é que xa hai tempo que arrancaron os
preparativos desta xornada e xa temos varios proxectos en marcha nos que todos
e todas estades colaborando. Os nosos visitantes aproveitaron para ver tamén
eses traballiños que ocupan parte do noso horario escolar e aqueles que estamos
recibindo dende as casas. A nosa exposición 50 ANOS DE HISTORIA...E MÁIS...coas
cousas e fotos aportadas polas familias; o noso mural de presentación do
aniversario...cos "50" decorados polos alumnos e alumnas; o mural de presentación
das familias...cos carteis que pouco a pouco ides enviando (non esquezades
facelo os que ainda non vos animastes!!); o noso traballiño de xeolocalización
feito por tódalas aulas.... pequenos grans de area que compoñen un proxecto que ira
medrando máis e máis ata a fin de curso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)