domingo, 25 de novembro de 2018

TRABALLANDO A NON VIOLENCIA EN INFANTIL

Como parte das actividades adicadas a educar actitudes de non violencia de xénero nos nosos cativos, os peques de infantil participaron o pasado venres nunha actividade lectora que lles permitiu achegarse dende o seu nivel á importancia deste tema, e, por extensión, á importancia da tolerancia e o respecto nas relacións cos outros. Unha sesión de lectura de imaxes compartida e o contacontos do libro "Crocodilo namorado" (a cargo da profe Geni) marcaron o seu camiño lector contra a violencia. Despois, ao igual ca os seus compañeiros de primaria, estamparon as súas pegadas no mural do corredor....todos e todas contra a violencia contra as mulleres!!


CURTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 DE NOVEMBRO

Para reflexionar nas nosas aulas. As voces orixinais están en italiano, os subtítulos en inglés; pero...as imaxes son claras. Onde se torce este camiño de "boa" (habería que falar moito desto tamén) relación entre os sexos para que algúns destes nenos muden en homes ben diferentes!!.?

Seguimos traballando, ainda que a partir de hoxe outro 25 de Novembro máis quede atrás. Ogallá o que imos facendo día a día nas aulas vaia deixando nos nenos e nenas do futuro o seu froito.  

domingo, 4 de novembro de 2018

LABORATORIO CREATIVO: PANTASMIÑAS

O laboratorio creativo de aprendizaxes púxose en marcha nestas datas tan medoñentas para ambientar a biblioteca cunhas pantasmas que despois formarán parte do decorado do túnel do medo co que coñeceremos á bruxa Brunilda. Profes e alumnos voluntarios xuntáronse na biblio para aprender e axudar a facer estas pequenas pantasmiñas.
















SAMAÍN: TRABALLO COMPARTIDO

A celebración do Samaín foi un ano máis un esforzo compartido entre as aulas e as familias.  Os calacús e mailas cabazas adornadas compartiron protagonismo co fermoso mural colaborativo feito polos nenos e nenas de tódalas idades de "Arts".
Nas aulas tiveron lugar diferentes actividades arredor do "medo"e as tradicións de noso, onde non podía faltar o baleirado e tallado dos calacús. As familias puxeron coma sempre a materia prima e a súa imaxinación ao noso dispor; nós puxemos o noso traballo e as gañas de que as tradicións non se perdan e se mesturen con outras cousiñas que non son tan nosas. Graciñas a todos polas vosas "obras de arte"!.