O mércores 8 de Marzo, Dia da Muller, todo estaba preparado para que na hora de ler coñecesemos este mural no que estamos todos representados, homes e mulleres, ollando xuntos na mesma dirección. E así mesmo todos xuntos nas aulas adicámonos a procurar o orixinal e a facer a nosa propia interpretación do mesmo. Os de primaria puideron decorar a imaxe completa feita pola artista, pero os pequenos coloraron só un anaquiño no que podían ver as figuras máis grandes.
luns, 19 de marzo de 2018
DIA DA MULLER: ELISA GONZÁLEZ
Entre as moitas mulleres que expoñen as súas obras nas rúas de Vigo, e que este curso son obxecto da nosa "ollada", escollimos ao chou a Elisa González e o seu mural da Vía Norte para decorar un marcalibros que nos poida axudar a deixar en "espera" as lecturas que non tivemos tempo de rematar.
O mércores 8 de Marzo, Dia da Muller, todo estaba preparado para que na hora de ler coñecesemos este mural no que estamos todos representados, homes e mulleres, ollando xuntos na mesma dirección. E así mesmo todos xuntos nas aulas adicámonos a procurar o orixinal e a facer a nosa propia interpretación do mesmo. Os de primaria puideron decorar a imaxe completa feita pola artista, pero os pequenos coloraron só un anaquiño no que podían ver as figuras máis grandes.
O mércores 8 de Marzo, Dia da Muller, todo estaba preparado para que na hora de ler coñecesemos este mural no que estamos todos representados, homes e mulleres, ollando xuntos na mesma dirección. E así mesmo todos xuntos nas aulas adicámonos a procurar o orixinal e a facer a nosa propia interpretación do mesmo. Os de primaria puideron decorar a imaxe completa feita pola artista, pero os pequenos coloraron só un anaquiño no que podían ver as figuras máis grandes.
sábado, 17 de marzo de 2018
MULLERES DE VIGO: MURAL E SUPLEMENTO XORNALÍSTICO.
Mentres agardades que chegue ás vosas casas a nova edición do Xornal Don Moucho (ainda falta un chisquiño), queremos amosarvos un adianto sobre as mulleres que traballamos nas aulas durante estas semanas. O mural xa loce nas escaleiras para que o poidades ver cando veñades ao cole. Ainda non están tódalas viguesas traballadas porque algunhas aulas ainda non remataron o traballo, pero non temos présa. O importante é que as cousas que imos facendo vaian deixando a súa pisada.
Son dez mulleres diferentes escollidas dunha longa listaxe, con traballos moi diversos e experiencias vitais diferentes. Cada aula tivo motivos diferentes tamén para a súa escolla...os proxectos nos que estaban mergullados, o gusto pola actividade a que se adican e a posibilidade de atopar información sobre elas, cousa moi importante para poder desenvolver as nosas pescudas. Aquí vos deixamos o traballado sobre algunhas delas.

IRIA BLANCO BARCA VISITOU AOS NENOS DE 1º
Iria contoulles unha chea de cousas da súa
vida como artista e faloulles de como van xurdindo as ideas no lenzo e como chegan aos muros e as
dificultades que moitas veces se atopan. Amosoulles fotos de como foi dando
forma os murais que coñecemos e ata puideron ver nelas a un dos compañeiros da
aula. Que sorpresa!
Todos
puideron coñecela, desfrutar coas súas
explicacións e compartir con ela un poquiño da súa arte. E como queren
ser un pouco coma ela van atreverse a recrear o seu famoso autobús. A
ver como lles queda!.
Iria non marchou coas
mans baleiras. Os nenos déronlle o seu agarimo e agasallárona cun preciosos
debuxos. Foron momentos moi especiais os que pasaron con ela e todos estamos
pensando xa en que volva ao cole e poder seguir desfrutando dela e da súa obra.
mércores, 7 de marzo de 2018
3, 2, 1, 0...E XA CHEGA O DÍA DA MULLER.
Unhas horas máis e o noso día xa está aí.
Desta volta estamos a aproveitar a coincidencia do 8 de Marzo coa Semana da Prensa para as nosas reflexións nas aulas sobre a situación e a loita -ainda moi necesaria- que levamos "todas e moitos todos"- para poñernos a nós, as mulleres, no noso sitio na sociedade nun plano de igualdade e respecto a tódolos niveis.
As novas da prensa e os recursos dixitais escollidos ( non están todos os que son) achegánnos ata as "Pioneiras" no mundo en xeral, e en Galicia e en Vigo en particular. Tódalas aulas están traballando xa nun suplemento especial sobre "Mulleres de Vigo", (mulleres de onte e de hoxe que nos representan a todas), dentro do Xornal Don Moucho que sairá do prelo como acostuma no mes de Maio. A partires de mañá empezaremos a ver fotos destas actividades.
Mañá é día tamén de coñecer dentro do noso PDI a obra muralística dunha muller de Vigo, Elisa González, que neste caso representa a tódalas que nestes anos pasados e nos que se aveciñan foron e van seguir deixando a súa pisada nas rúas de Vigo. Ela ten o seu traballo exposto na Via Norte.
Das outras mulleres dos murais e tamén dos homes que conforman este gran grupo de artistas falaremos máis adiante cando celebremos o Día dos Museos.
Por outra banda dende a biblioteca queremos achegarvos unha listaxe de contos e lecturas xuveniles que tratan dun xeito ou outro estos temas "da muller". Moitos deles están na nosa biblioteca e moitas veces forman parte de expositores, maletas temáticas ou contacontos....outros non son os habituais ou pasan desapercibidos porque o seu título da poucas pistas. Daquela coido que é bo que os autores desta recopilación pensaran en visibilizalos todos xuntos e axudárannos así a chegar mellor a eles.
Deixovos AQUI o enlace a estes títulos.
Moitas grazas a Pilar Sampedro.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)