venres, 27 de outubro de 2017

PRIMEIRA TAREFA : OS OLLOS DO SIRENO

Os mouchiños veñen de enviar ás aulas a súa primeira tarefa cunha carpeta de traballo sobre "Os ollos do Sireno". Non hai mellor excusa para botarse de cabeza a ler e matinar nas cousas que nos piden e poñerse xa a pescudar. 
De feito  nalgunha aula algunha espilida xa localizou o punto da cidade na que se atopa ese Sireno do que nos falaba esta primeira tarefa.










PDI E SAMAÍN

Este curso temos moitas gañas de xogar. O xogo é unhas das formas de  poñer en practica o aprender a pensar, que xa vos dixemos que é o lema das bibliotecas escolares. Daquela imos proporlle a todo o mundo ao longo do este ano, xogos de pistas, adiviñas e actividades que nos fagan botar a andar a imaxinación. 
Como nos gusta integrar todo o que vai acontecendo no mundo coas nosas aprendizaxes, o noso Pdi arranca ao tempo que o outono nos trae o Samaín. 
Case ás caladiñas, propuxemos as familias que nos enviaran o seu calacú e que matinaran na teima do Proxecto Documental que ven de botar a andar: Cos ollos de Vigo...(pero..., pero..., de que ollos me falades? pensaríades algúns). O certo é que as cabazas que xa  empezan a encher a mesa que lles tiñamos preparada teñen moitos outros adornos, pero sobre todo moitos ollos grandes, pequenos, cadrados, redondos...e en moitas delas albíscase o espíritu da nosa cidade.






COMEZAMOS A TRABALLAR TAMÉN NUN NOVO PROXECTO DOCUMENTAL

As cartas de presentación aos pais e ás distintas aulas foron o sinal de saída nesta nova pescuda na que nos mergullamos. A nosa cidade de Vigo e mailo mundo de Xulio Verne van ir da man no proxecto escollido para este curso "Cos ollos de Vigo".
Esta semana chegou ás aulas a carta de presentación do proxecto e tamén chegou as casas a nosa invitación a participar nas actividades especialmente deseñadas para as familias. Se queremos conseguir os nosos pasaportes -o lector e escritor nas aulas e mailo viaxeiro nas casas- non teremos mais remedio que viaxar de distintos xeitos ás rúas da nosa cidade e poñernos a desfrutar de lecturas variadas. Aprender a pensar, que é o lema das BE para este curso, vai estar moi presente tamén en tódalas tarefas que os mouchiños "pensen" para nós. Ánimo e a traballar!!






SEMANA GRANDE NA BIBLIOTECA

As actividades de inicio na biblio coinciden sempre coa celebración do día da Biblioteca, o 24 de Outubro. Nós en troques dun día quixemos celebrar unha semana e darlle  un toquiño de Samaín que está xa ás portas.
Na hora de ler e un pouquiño (bastante) máis  fomos xuntándonos os distintos  cursos de 2 en 2 para compartir lecturas de medo na biblio e facer xuntos un pequeno adorno para estes días.
 A lectura compartida resultou moi ben, todos -grandes e pequenos-disfutaron arreo e deixaron a biblio adornadiña que da arrepío mirar xuntos tantos castelos de terror, bruxas e monstros...

Pero o mellor de todo foi coñecer a unha nova mouchiña, Edelmira, que ven de chegar a Vigo despois de dar varias voltas arredor do mundo. A súa linguaxe é a de signos. Ten moitas gañas de coñecernos a nós e a nosa cidade e de seguro que nos contará unha e mil aventuras das que lle sucederon nas súas viaxes.


















POR FIN COMEZAMOS AS RUTINAS LECTORAS... PRIMEIRO XOVES DE LECTURA

Despois dunha tempada de preparativos dámos comezo a unha nova andaina de actividades que nos van ter ocupados ata a fin de curso na biblioteca. 
A hora de ler xa está en marcha dende o primeiro día e moitas aulas comezaron o préstamo xa dende principios de outubro. 
As primeiras  xornadas das lecturas dos xoves  encherán de monstruos e de medo os momentos de lecer no recreo.

O conto  “Monstruo, se bueno” foi o punto de partida,  o pasado xoves 19 de outubro, desta actividade tan desexada por todos. Na xornada de inauguración un bo puñado de pequenos e grandes agardaban ansiosos que comezase a lectura. Estas axudantes de 6º tamén estaban felices de se-las primeiras.







domingo, 1 de outubro de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. INFORMARSE PARA FORMARSE: COMO AFRONTAR A PUBERTADE




Os nenos e nenas de 5º e, en especial os de 6º, afrontan o derradeiro tramo do percorrido no cole nun momento de cambios físicos e psicolóxicos. Para axudalos, e axudar  tamén aos seus pais e nais, a afrontar algúns destes cambios  aquí vai a nosa recomendación. "Mía se hace mayor" é  o título deste interesante libriño da editorial juventud que vos axudará a navegar polo mar das vosas preocupacións.