Recén chegada...porque a maleta vella estaba moi viaxada e non daba para mais. Un ano mais os mouchiños encheron a maleta con títulos que fan referencia ao lema deste curso para as bibliotecas escolares e enviarona ás aulas para que os cativos e cativas desfruten coa teima "exploradora". Os afortunados que a estrearon foron os nenos de 5 anos...e abofé que non deixaron libro sen mirar. En canto eles acaben de velo todo, a maleta seguirá a súa viaxe cara as aulas dos maiores.
sábado, 21 de novembro de 2015
sábado, 14 de novembro de 2015
SAN MARTIÑO, UN DÍA PARA CELEBRAR
ITINERARIOS SOBRE GALICIA
O noso PDI deste curso marca tamén o rumbo que levan as lecturas na Biblioteca. Entre outras temáticas, varios "xoves" de cada trimestre estarán adicados o mundo galego, tanto a súa natureza (paisaxes, fauna, flora,...) como a súa cultura. Este é o fío co que comezou o mes de novembro e a primeira lectura escollida, relacionada tamén co traballo sobre os faros das Rías Baixas, foi O LIBRO DAS ILLAS CÍES. Dúas nenas de 5º de Primaria foron as lectoras da primeira semana.
venres, 13 de novembro de 2015
REILIBRO PIDE AXUDA
Avanzamos no mes de novembro e xa temos novas de REILIBRO, o mouchiño que vixía a biblioteca no mes de novembro. O caso é que xa non está na biblioteca porque os fortes ventos das outras semanas (dos que con este soliño non acordamos) deron coas súas ás nunha...BATEA!!.
Ollade a mensaxe que nos chegou ás aulas.
Ollade a mensaxe que nos chegou ás aulas.
E a que faros refírese?. .Enseguidiña saimos na súa procura e abofé que atopamos moitos e moi diferentes. A cada aula tocoulle investigar un distinto.
Agora temos que poñernos á tarefa para axudar ao mouchiño...claro que se estades aburridos podedes vos tamén mirar se sodes quen de localizalos!!!.
venres, 6 de novembro de 2015
xoves, 5 de novembro de 2015
OS CONTACONTOS DOS XOVES TAMÉN ESTÁN EN MARCHA.
E non só están en marcha, senón que xa levamos cinco -contando co de hoxe do que xa vos daremos conta.
A biblioteca está abrindo nos recreos dos martes e os xoves. Os martes desfrutamos da lectura libre, dos libros-xogos, das colas para coller libro de préstamo (hai unha chea de peticións) e de xogos lectores de mesa e no ordenador. (para os que hai tamén moita demanda).
Os xoves, de momento, os axudantes de 6º estiveron a nos contar contos relacionados coas emocións.
As emocionantes lecturas do mes de outubro foron ORELLAS DE BOLBORETA, O SOÑO DO OSIÑO ROSA E PÉTALA. O derradeiro xoves do mes, e coincindo co Samaín, o conto non podía ser outro que un conto de medo. QUEN LLE TEN MEDO A ARAÑA?.
Velahi van as fotos das distintas sesións.
Orellas de Bolboreta
Pétala

O soño do osiño rosa
Quen lle ten medo a araña
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)