Xa vistes o noso expositor da biblioteca que é só unha pequena mostra do que podemos atopar nela. Deixamos tamén recursos para traballar nas aulas prestados de outros coles compañeiros. Grazas polo voso traballo recopilatorio.
https://sites.google.com/site/samainrecursos/
xoves, 25 de outubro de 2012
mércores, 24 de outubro de 2012
24 OCTUBRO: DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Celebramos o día das bibliotecas escolares pondo en marcha a primeira exposición da biblioteca coa nosa colleita de lecturas para o Samaín.
Por se non chega temos recollido pola rede outras escolmas feitas con propostas interesantes.
E ademais...
El extraño caso de la noche de Hallowen (Gerónimo Stilton)
- El fantasma nocturno
- La momia misteriosa
- Fastasmas no corredor
- Os Bolechas teñen medo
- Mamasiña, que medo!
- Babayaga
- Un brujo de segunda
- Indo para o Samaín

martes, 23 de outubro de 2012
PEIXIÑOS LECTORES: A LECTURA ENTRA POLO OLLO
PEIXIÑOS LECTORES vai ser unha entrada continua no noso blog no que pouco a pouco iremos presentando cousiñas curiosas que atopamos pola rede; desas que nos animan a desfrutar da lectura.
Ollade estas fermosas ilustracións que só ao velas, invítannos a ir na procura da historia completa.
Ollade estas fermosas ilustracións que só ao velas, invítannos a ir na procura da historia completa.
Open publication - Free publishing
mércores, 17 de outubro de 2012
CARTEL PARA BIBLIOTECAS ESCOLARES
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación,
preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración
do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de
outubro).
Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado coa consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)
Nós imos facer desta imaxe un sinal de identidade do blog para o presente curso.

domingo, 7 de outubro de 2012
COMEZAMOS
Inauguramos un novo blog no cole cun sinxelo anceio...que sirva de ponte e mais de azo para o desfrute de todos eses mundos reais e irreais que nos agardan nas páxinas dos libros.
Daquela, BOA LECTURA!
E o noso desexo para toda a nosa comunidade educativa e educadora.
Daquela, BOA LECTURA!
E o noso desexo para toda a nosa comunidade educativa e educadora.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)