sábado, 22 de decembro de 2018

OS MAGOS NO PÁRROCO

Como é xa tradición os Reis Magos non faltaron a súa cita no derradeiro día do trimestre para recoller as cartas dos nosos cativos. O paxe real, envíado especial das súas maxestades derrochou paciencia e agarimo escoitando tódalas peticións que lle fixeron dende os máis pequenos ata os maiores de 6º de Primaria. A falta de procesar tódalas fotos deixámosvos aquí as dos pequeniños do cole para que vaiades facendo boca.



Dende a biblioteca seguemos a reinvindicar as tradicións de noso e nestes días non poden faltar nas nosas casas as lecturas adicadas ós Reis Magos e mailo Apalpador, así que imos recomendarvos  dous xa clásicos para estas noites de nervios...






1 comentario:

  1. Canta ilusión cabe nunhas cariñas tan pequenas! Os libros, uns clásicos que non poden faltar no Nadal!

    ResponderEliminar