luns, 10 de decembro de 2018

OBRADOIRO DE ARTE URBANO. PROGRAMA DE MEDIANERAS DO CONCELLO.

Neste novo curso, e despois do longo percorrido que fixemos no proxecto "Cos ollos de Vigo" , queremos continuar a traballar coa nosa cidade e o seu programa "Vigo, cidade de cor". O concello respondeu á nosa petición enviando a un dos artistas que  xa pintou nos muros da cidade. Como xa dixemos no outro blog... Que mellor agasallo no noso 50 aniversario como escola que desfrutar da arte tamén cada día nela!.

Daquela o martes 4 de decembro os nenos e nenas de 5º e 6º, en dúas quendas e da man de Lorena, repasaron algunhas  destas obras, aprenderon cousiñas dos seus autores, puideron coñecer ao Pelucas, autor do mural do patio cuberto do que falamos noutra entrada e  fixeron os seus propios murais. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario