viernes, 23 de diciembre de 2016

TRADICIÓNS GALEGAS: OS AGASALLOS

Dentro do noso programa de traballo sobre as tradicións galegas, o xoves e o venres visitaron o cole os persoeiros que  tradicionalmente reparten os agasallos no Nadal Galego: O Apalpador e mailos Reis Magos.
O Apalpador representa a tradición máis senlleira da conca alta do Miño, na zona do Courel, e baixa a apalpar as barriguiñas dos nenos na noite do  21 de Nadal. No cole desfrutamos do seu bó facer todos xuntos en dúas sesións matinais; primeiro os máis pequenos e despois os maiores. Mágoa que estivera un pouco maliño...e que no inverno xa se sabe!. Aínda así conseguiu tirar por nós e facernos desfrutar coas súas cousiñas. Foi un intre verdadeiramente máxico. As fotos ao completo porémolas nos outros blogues. Aquí deixámosvos só un apuntiño.







Sobre os Reis Magos todos sabemos que veñen na noite do 5 de Xaneiro, pero nestes tempos modernos é doado que un deles colla un avión e veña facernos unha visita para recoller personalmente as nosas cartas e sobre todo preguntar directamente se todo o mundo se portou como se tiña que portar. Eso foi o que fixo o Rei Gaspar, quen escolleu achegarse ata o noso cole e escoitar as peticións dos nosos nenos. Tódolos pequenos dun en un (ata os de primeiro!) sentáronse no seu colo para sentilo ben preto e darlle unha boa aperta.
 Nós os adultos -e tódolos pobos, vilas e cidades de Galicia con nós- temos medrado con esta tradición que nalgúns momentos parece que vai ser engulida por outros personaxes de fóra. Dende aquí invitámosvos a manter acesa "a lús" dos Reis Magos e conserva-lo noso. Invitámosvos a manter a ilusión dos nenos ata o final das vacacións, ainda que teñan alguna cousiña antes para se entreter. Non lles vai facer ningún mal aprender a esperar.! E para xogar sobra o resto do ano!
Velahí algúns dos nosos cativos. As demais fotos tamén nos outros blogues.









1 comentario: